Estudar na universidade, un 50% máis caro para 'calmar os mercados'
O Ministerio de Educación dá vía libre ás autonomías para subir ata 540 euros a primeira matrícula universitaria co obxectivo de conter o déficit público. A Xunta limítase a explicar que "ten a intención de analizar a fondo a proposta ministerial".
PSdeG e BNG retan a Feijóo a financiar o Sergas co peto "dos ricos" e non co dos xubilados
Socialistas e nacionalistas instan o presidente a subir o tramo autonómico do IRPF para as rendas máis altas no canto de aplicar o novo copagamento dos medicamentos. CIG Saúde e CC.OO. alertan do inicio de toda unha xeira de recortes sanitarios.
Educación gasta 2 millóns na xestión privada de cursos de idiomas para escolares
A Xunta porá á disposición de empresas privadas instalacións públicas para impartir cursos de linguas estranxeiras en Vigo, A Coruña e Ourense. Na mesma operación externaliza tamén as inmersións lingüísticas de verán en Alemaña, Francia, Reino Unido e Canadá.
Ao ximnasio en coche oficial da Xunta
A Xunta de Persoal de San Caetano denuncia ante o Goberno galego que varios altos cargos realizan "uso fraudulento" dos vehículos da Administración, empregándoos para cometidos particulares como "ir levar os nenos á escola"
Multiplícanse os contactos para estruturar o "novo proxecto común"
Representantes do Encontro Irmandiño, Máis Galiza, Acción Galega e Ecogaleguistas manteñen encontros comúns e a dúas bandas para conformar un "referente" político. Os debates divídense en estrutura e programas mentres tamén continúan as asembleas abertas.
Rajoy carga o recorte sanitario nos pensionistas e a Xunta acátao
A ministra de Sanidade confirma que os pensionistas xa non pagarán os medicamentos só a través dos impostos, senón que terán que asumir un 10% do custo, cun copagamento mensual de entre 8 e 18 euros. Os xubilados galegos, coas pensións máis baixas do Estado, serán os máis prexudicados pola medida.
Que fai Feijóo en México?
A Xunta anunciou o luns que ese mesmo día o presidente cruzaba o Atlántico para unirse á comitiva de Mariano Rajoy, explicando só que participaría en "diversos actos oficiais" e sen detallar a data de regreso. PSdeG e BNG reclaman explicacións e o PP asegura que a estancia favorecerá a "internacionalización" da economía.
O substituto de Conde Roa, continuísta pero tranquilo
Ángel Currás toma o bastón de mando da capital galega asegurando que cambia "o capitán" pero non "a nave", aínda que cos retos de apaciguar a alterada vida municipal compostelá e de lograr o apoio de todo o seu propio equipo
A polémica dos coches oficiais vólvese contra a Xunta e rebenta no Parlamento
O socialista Lage Tuñas forza o debate de 167 preguntas sobre o gasto da Xunta en combustibles, peaxes e reparacións do seu parque móbil tras levar varios meses agardando a obter os datos por escrito. O director de Relacións Institucionais acusa o deputado de buscar "publicidade" e detalla, nunha comisión que durou máis de cinco horas que, por exemplo, o presidente de Sogama gasta máis en carburante que Feijóo.
O PP rexeita reducir o gasto en propaganda porque xa fai a "mínima obrigada en democracia"
Os conservadores tomban unha iniciativa coa que o BNG apostaba por recortar os fondos publicitarios da Xunta. Rodríguez Miranda argumenta que estaría en "risco" a comunicación entre o Goberno e os cidadáns.
Os sindicatos ven nos recortes no ensino "un ataque frontal" que instaura "o copago"
O ministro Wert anuncia medidas que implican ata un 20% máis de alumnos por aula, máis horas lectivas para os profesores ou suspender a obrigatoriedade de ofrecer Bacharelato en todos os centros educativos. As centrais advirten "da redución da calidade na ensinanza", así como da "condena ao paro de milleiros de interinos" e piden ao conselleiro Vázquez que aclare "se acatará as desastrosas instrucións de Madrid".
O Correlingua quece motores para poñerlle "moitos pés" ao galego
A carreira en defensa do idioma entrega os seus galardóns escolares mentres as entidades organizadoras lle piden "reflexión" ao futuro alcalde de Santiago, Ángel Currás, que como concelleiro de Normalización Lingüística lle retirou o apoio propiciou que na capital o evento teña o tratamento de manifestación.