O Goberno de Feijóo non sumou ningunha nova competencia para Galicia en tres anos
A Xunta asegura defender ante Rajoy a necesidade de fortalecer o autogoberno coa "mesma firmeza" que o fixo durante o mandato de Zapatero mentres completa o período de transferencias menos frutífero da historia da autonomía.
Máis Galiza, EI, Acción Galega e EcoGal inician "a construción dunha organización política"
As catro formacións acordan "emprender un proceso de traballo" para confluíren no ámbito "programático" e "organizativo"
A Xunta 'esquece' a Red Madre para despedir unha muller embarazada
A Fundación Calidade, dependente de Industria, comeza a utilizar a reforma laboral para botar por "razóns produtivas" a unha traballadora que agarda un fillo. Na mesma semana, o Goberno galego insistiu en que os "non nacidos" serán considerados "membros da unidade familiar" para solicitar axudas, en virtude da lei impulsada polo Foro Español de la Familia.
A Xunta procura que o naval e NGB 'fagan as Américas'
Feijóo asegura que "en oito ou dez semanas" se coñecerá se a petroleira Pemex lle fará encargos a estaleiros galegos e admite que se reuniu cos financeiros Carlos Slim e Olegario Vázquez Raña para "falar da situación económica de Galicia e "atraer investimentos".
O PP asegúrase o control de RTVE e abre a porta á fin das autonómicas
O Consello de Ministros aproba que a maioría absoluta no Congreso sexa dabondo para elixir os dirixentes dos medios públicos do Estado e permite eliminar ou privatizar as canles das autonomías. As que continúen terán que ter equilibrio orzamentario, o que para a CRTVG implica reducir unha débeda de apenas 3 millóns.
Feijóo pásalles aos reitores a pelota da suba das taxas: "decidan se poden subsistir"
O presidente da Xunta recoméndalles "aos repetidores" que "estuden" nunha pechada defensa do recorte educativo do Goberno central e tamén do novo copagamento farmacéutico que, di, serve para "pagar, entre outras cousas, o Plan E" de Zapatero. Wert confirma que as autonomías terán que asumir o custo de bolsas para cubrir o incremento dos prezos universitarios.
Estudar na universidade, un 50% máis caro para 'calmar os mercados'
O Ministerio de Educación dá vía libre ás autonomías para subir ata 540 euros a primeira matrícula universitaria co obxectivo de conter o déficit público. A Xunta limítase a explicar que "ten a intención de analizar a fondo a proposta ministerial".
PSdeG e BNG retan a Feijóo a financiar o Sergas co peto "dos ricos" e non co dos xubilados
Socialistas e nacionalistas instan o presidente a subir o tramo autonómico do IRPF para as rendas máis altas no canto de aplicar o novo copagamento dos medicamentos. CIG Saúde e CC.OO. alertan do inicio de toda unha xeira de recortes sanitarios.
Educación gasta 2 millóns na xestión privada de cursos de idiomas para escolares
A Xunta porá á disposición de empresas privadas instalacións públicas para impartir cursos de linguas estranxeiras en Vigo, A Coruña e Ourense. Na mesma operación externaliza tamén as inmersións lingüísticas de verán en Alemaña, Francia, Reino Unido e Canadá.
Ao ximnasio en coche oficial da Xunta
A Xunta de Persoal de San Caetano denuncia ante o Goberno galego que varios altos cargos realizan "uso fraudulento" dos vehículos da Administración, empregándoos para cometidos particulares como "ir levar os nenos á escola"
Multiplícanse os contactos para estruturar o "novo proxecto común"
Representantes do Encontro Irmandiño, Máis Galiza, Acción Galega e Ecogaleguistas manteñen encontros comúns e a dúas bandas para conformar un "referente" político. Os debates divídense en estrutura e programas mentres tamén continúan as asembleas abertas.
Rajoy carga o recorte sanitario nos pensionistas e a Xunta acátao
A ministra de Sanidade confirma que os pensionistas xa non pagarán os medicamentos só a través dos impostos, senón que terán que asumir un 10% do custo, cun copagamento mensual de entre 8 e 18 euros. Os xubilados galegos, coas pensións máis baixas do Estado, serán os máis prexudicados pola medida.