Intervir autonomías, no bordo da Constitución e contra o Estatuto
A Lei de Estabilidade Orzamentaria que prepara o Ministerio de Facenda prevé asumir o control financeiro das comunidades que non cumpran os obxectivos de déficit, contradicindo a norma estatutaria galega
O BNG sae de Amio con candidato, portavoz e interrogantes
A distribución de responsabilidades na Executiva Nacional, o vindeiro luns, e as primeiras reunións internas de Máis Galiza e o Encontro Irmandiño servirán para desbotar ou acrecentar o risco de escisión na fronte que Jorquera se propón unir de cara á cita coas urnas
Jorquera: "O risco de fractura no BNG está neutralizado"
O candidato do BNG á presidencia da Xunta confía en que todas as correntes se fagan "corresponsables" do futuro da formación frontista para "encabezar a alternativa" a un Feijóo ao que ve como un "comentarista dunha tertulia" que converte a Xunta "nunha delegación do Goberno central".
A metade das leis de Feijóo son modificacións ou de consumo interno
O Goberno popular reformou sete normas do Executivo de PSdeG e BNG e promete para o último treito da lexislatura medidas 'estrela' como a Lei de Publicidade Institucional, que vía "urxente" ao principio do mandato
A reforma do Estatuto cumpre cinco anos no conxelador
O presidente da Xunta pasou por riba de, cando menos, catro prazos fixados por el mesmo dende o inicio da lexislatura para reformar o Estatuto
O Consorcio de Benestar morre privatizando
A Xunta recorta os fondos do ente que xestiona servizos como escolas infantís e centros de día mentres ultima a súa disolución na futura Axencia de Servizos Sociais