Novo capítulo do futuro do Gaiás: outro cambio de usos e promesa de reducir gastos
A Xunta anuncia, nunha presentación marcada pola indefinición, a creación dun "centro de emprendemento creativo" e dun "centro de innovación cultural" na Cidade da Cultura, á que se trasladará a sede da Agadic
O PSdeG tenta levar ao Constitucional o recorte sanitario e educativo
Os socialistas instan a que o Parlamento tente frear o novo copagamento farmacéutico e a suba das taxas universitarias pola mesma vía que defendeu o catálogo de medicamentos e a Lei de Caixas. Pachi Vázquez promete que se a súa formación chega á Xunta, impedirá "que os pensionistas paguen os medicamentos"
O PP cre que pedir seleccións internacionais é "converter Galicia en Sudán do Sur"
Os populares rexeitan unha iniciativa do BNG a prol dos combinados deportivos galegos e acúsanos de ter unha "visión nesgada" da sentenza do Tribunal Constitucional que permite ás seleccións catalás xogar competicións supraestatais se non se enfrontan a España
Compromiso chama a non poñerlle "muros" a unha forza "en construción"
Os promotores da plataforma xurdida de Máis Galiza, Acción Galega e Ecogaleguistas amósanse convencidos de que "todos collemos nunha forza de amplo espectro" na xornada na que incorporan a Unidade da Esquerda Galega
Aymerich: "Xente que nun primeiro impulso marchou do BNG está collendo o camiño de volta"
O líder de Abrente advirte "un clima diferente" dentro do Bloque e coida que o PP "pode perder" a Xunta se o voto non se "divide" nas vindeiras eleccións galegas
A reforma laboral chega á loita contra o lume
Feijóo evita revelar cantos efectivos terá o dispositivo de prevención e defensa contra incendios e limítase a asegurar que as "xornadas laborais efectivas" serán "semellantes ás do ano pasado". Medio Rural instalará cámaras de vixilancia nos montes.
Os recortes sociais provocan "pobres máis pobres"
Cáritas alerta da "avalancha" de peticións de axuda "acuciantes" á que se enfronta por mor da redución de "servizos e prestacións públicas". Só na área de Compostela as persoas atendidas incrementáronse máis dun 159% en apenas un ano.
Protocolo entre a Xunta e as deputacións no tempo de desconto
O Goberno galego e os entes provinciais asinan un acordo para mellorar a súa "cooperación" un ano despois de que Feijóo o prometese e tras incorporar a última hora modificacións do presidente da Deputación de Lugo, que detectou "irregularidades xurídicas" no texto
Beiras, convencido de que o NPC e Compromiso por Galicia "poden confluír"
O líder do Encontro Irmandiño coida que tras a asemblea que o Novo Proxecto Común celebrará o 14 xullo pódese "estar en condicións de presentar unha alternativa electoral" na que tamén participe CxG sobre a base de que cómpre "un movemento" cidadán, "non un partido"
Lugo insta a Xunta a demostrar a súa "solvencia" pagándolle os impostos en prazo
O Concello lugués lémbralle ao Goberno galego que este mércores é o último día para abonar os máis de 800.000 euros que debe achegar polo imposto de bens inmobles e que se suman a outros 90.000 que adebeda do imposto de circulación
As explicacións dos directivos das caixas, antes en Madrid que en Galicia
Os responsables das antigas caixas, da súa fusión e do proceso que derivou en Novagalicia Banco comparecerán no Congreso dos Deputados mentres o PP segue a adiar a investigación no Parlamento galego ata que a entidade finalice a súa recapitalización
A nova lei da CRTVG xa se incumpre tras seis meses en vigor
Os prazos para nomear a nova dirección do ente e para elaborar o mandato marco dos medios públicos expiran sen que apenas se producisen avances na súa tramitación