As restricións nos medicamentos enchen as farmacias de temores e "resignación"
A reforma do copagamento e a exclusión de máis de 400 fármacos do financiamento público leva a incerteza aos profesionais da farmacia sen negocio propio mentres o sector augura unha suba de prezos nos produtos cuxa venda non estará controlada polas autoridades sanitarias
O PSdeG esixe tamén que o rescate bancario inclúa unha solución para as preferentes
Pachi Vázquez chama ao "acordo político" para que os cartos europeos que recibirá Novagalicia garantan a devolución "do 100%" dos cartos das persoas que asinaron produtos financeiros de alto risco sen saber que estaban a enviar os seus aforros a un "corralito". O BNG esixe activar xa a comisión de investigación sobre as caixas.
Os grupos parlamentarios admiten conversas para renovar o Valedor
O Parlamento aborda este martes a reforma da estrutura da defensoría galega mentres se mantén a incógnita sobre se Jose Julio Fernández seguirá exercendo o posto en funcións ata despois das eleccións
O NPC apostará por "superar" o Estatuto coa "autodeterminación cara á independencia"
Os documentos da asemblea constituínte do Novo Proxecto Común, cuxo nome está por definir, ratifica que a afiliación á nova organización será "individual" e chaman á "cooperación" no seo da esquerda
Feijóo non nega un adianto electoral e prepara unha 'xira' por Sudamérica
O arrecendo preelectoral cobra forza no entorno do presidente mentres o PP prepara unha demostración de forza en Santiago, cunha convención dun milleiro de cargos conservadores de todo o Estado
Un defensor de 'La Coruña', á fronte dos informativos de TVE
Televisión Española encoméndalle a dirección dos seus espazos de noticias a Julio Somoano, ata agora condutor dun telexornal en Telemadrid e autor dunha biografía non autorizada de Alfredo Pérez Rubalcaba. O seu antecesor, Fran Llorente, despídese entre aplausos dos xornalistas da canle pública.
O Estado encarécelle ao Sergas un 20% o sistema enerxético dos hospitais de Ferrol
A Xunta inicia os trámites para licitar de novo o contrato de enerxía e mantemento dos centros hospitalarios ferroláns, que o Goberno galego tivo que anular tras eliminar o gabinete de Rajoy as primas para as enerxías renovables. Quince centros de saúde que ían ser construídos pola vía público-privada dependerán só do Orzamento público.
A Xunta corríxese: publicar o DOG sairá case 20.000 euros máis caro
A Xunta inicia os trámites para contratar por segunda vez a edición do boletín oficial galego dende a desaparición da súa versión impresa.
Abondan tres autonomías para eliminar medicamentos da sanidade pública
O Ministerio de Sanidade considerou dabondo o acordo de tres comunidades para inserir produtos farmacéuticos na lista de 426 fármacos que serán excluídos do financiamento público
Emoción e un chisco de 'amnesia' para as Medallas Castelao
A Xunta entrega os segundos galardóns máis destacados de Galicia obviando que Arsenio Iglesias e Míchel Salgado participaron na Selección Galega e que Manuela López Besteiro optou á alcaldía de Lugo polo PP
Estatuto do 36: "Quen non ten liberdade para gobernar a súa casa é un escravo ou un incapaz"
Persoeiros como Castelao, Bóveda ou Enrique Rajoy impulsaron hai setenta e seis anos o primeiro sustento legal do autogoberno galego
O Parlamento advirte de que levará á Xustiza a quen proteste nos plenos
A Presidencia da Cámara galega distribúe entre as persoas convidadas á sesión plenaria un inédito escrito con instrucións de "orde" no que lembra o "alcance delituoso" de protestar ou interromper