O Consorcio de Benestar que Feijóo quixo pechar remata a lexislatura con 1.400 traballadores
A entidade que xestiona escolas infantís e centros de maiores, coa súa disolución aprobada dende hai dous anos, continúa a funcionar sen convenio colectivo para o seu persoal e coa integración na Axencia de Servizos Sociais paralizada
Mulleres, labregas e "decididas a loitar"
O Sindicato Labrego Galego pecha o seu encontro anual de mulleres cun berro contra a volta aos tempos "da beneficencia" e a prol do traballo agrario e gandeiro en condicións dignas
O búmeran de Feijóo, sal nas feridas de PSdeG e BNG
O líder conservador aférrase aos argumentos de campaña de socialistas e nacionalistas, en plena reflexión interna, para dar por "avaladas" as "políticas do PP en Madrid". Audio no interior.
Wert, deputado por 'La Coruña' preocupado polos "programas de horror"
O ministro de educación representou no Congreso dos Deputados á Agrupación de la Democracia Cristiana entre 1986 e 1987, etapa na que participou na comisión de control de Radio Televisión Española
Guillerme Vázquez deixará de liderar o BNG tras a "reflexión" da derrota electoral
O líder nacionalista asegura que "non son tempos de abandonar" pero coida que "o novo proxecto" do Bloque debe ser encabezado por "outra persoa". Vídeo no interior.
O verán e a dependencia de Povisa disparan a agarda no Sergas ata preto dos 100 días
A espera cirúrxica media acada os 98 días en Galicia, dezaoito máis que en xuño e 38 máis dos que a Xunta asegura que garantirá por lei
Os pulmóns do naval galego, líderes do paro urbano
Vigo e Ferrol encabezan os rexistros de desemprego das cidades galegas mentres que A Coruña, Pontevedra, Santiago e Lugo conseguiron rebaixalo levemente nos últimos meses
Luz verde ao despedimento colectivo de persoal laboral das administracións
O Consello de Ministros aproba o Real Decreto que desenvolve a reforma laboral para permitir, entre outros aspectos, a aplicación de expedientes de regulación de emprego sen necesidade de autorización das autoridades laborais
O PSdeG, "seguro" de que o desprazamento de facturas da Xunta falseou o déficit
Os socialistas calculan que o traslado de 400 millóns en pagamentos de 2010 a 2011 tería un impacto de arredor de oito décimas no déficit e esixen coñecer se a "enxeñaría contable" se repetiu entre 2011 e 2012
Despois da batalla: que pasou nas eleccións galegas?
Analizamos coa axuda de expertos en comunicación, estratexia e análise electoral e política as tácticas, erros e acertos en campaña das formacións que comporán o próximo Parlamento de Galicia
O ex alcalde de Boqueixón non cobrará como edil sen funcións porque é "polémico"
Adolfo Gacio (PP), imputado no caso Pokémon, ía percibir 21.000 euros ano como membro da corporación malia non ter ningunha área de goberno asignada. Audio no interior.
Feijóo admite traslados de 80 millóns en facturas de 2009 a 2010: "sempre os hai"
O presidente en funcións recoñece que o Consello de Contas detectou o desprazamento de pagamentos dun ano a outro e que a Xunta non alegou porque era real. O Goberno si alegará contra o informe de 2010, que alerta dun movemento de 400 millóns a 2011. Audio no interior.