Feijóo gábase de poder pechar as listas do PP "nunha tarde", o PSdeG chámalle "autoritario"
Os conservadores tentan afondar nas discrepancias xurdidas na elaboración das candidaturas socialistas e aseguran que no seo do seu partido "non hai discusións". Pablo García ve o candidato á reelección capaz de ofrecer "leccións de totalitarismo".
O incómodo 'candidato' Rajoy e o rescate freado ata despois do 21-O
O líder do PP só participará en catro actos da campaña de Feijóo. PSOE e BNG, convencidos de que tenta "ocultar" recortes para evitar perder a Xunta.
Nin o verán frea a caída libre dos aeroportos galegos
As tres terminais galegas perderon case 120.000 pasaxeiros nos meses estivais a respecto do mesmo período de 2012
Pachi Vázquez gaña outra batalla interna coa confección das listas electorais do PSdeG
O secretario xeral e candidato socialista á Xunta logra emendar as propostas provinciais de candidaturas para o 21-O. Caamaño accede a situar a Romeu como número dous na listaxe da Coruña, na que non estará José Manuel Lage
O Parlamento esixe Windows para os 85 ordenadores que vai mercar
O lexislativo galego renova os seus equipos informáticos portátiles e prescinde do software libre na operación
Feijóo desdeña subir impostos ás rendas altas porque "pagan e defraudan os de sempre"
O titular da Xunta e candidato á reelección censura que o presidente francés, François Hollande, "fai o que dixo que non ía facer", algo que "ultimamente acontece con bastante frecuencia", critica sen mencionar as medidas de Rajoy
Feijóo fía a reelección ao déficit e ao 'medo' aos pactos de goberno
O PP lanza a precampaña equiparando o seu cabeza de cartel con Fraga ou Castelao e cargando con dureza contra PSdeG, BNG e o pacto de Anova e EU. Os dirixentes provinciais do partido equiparan o candidato á reelección con Fraga e Castelao.
O PP axita a posibilidade de que "os comunistas gobernen" para instar a apoiar a Feijóo
Os conservadores presentan Galicia por riba de todo como lema de precampaña e A Mesa "lamenta o seu cinismo" despois de "levar tres anos a patadas co galego". Audio no interior.
Anova e EU apuran os prazos para estudar o encaixe de CxG na coalición
Sectores de Esquerda Unida dubidan de que Compromiso poida compartir un programa "completamente de esquerdas e anticapitalista" mentres que outros apostan por continuar as negociacións tras o rexistro formal da alianza. A formación de Beiras desbota a existencia de "vetos" por ningunha banda
O Sergas limita a dous meses a atención posparto a mulleres inmigrantes
As persoas que non teñan regularizada a súa estancia no Estado e non se poidan acoller ao "programa de protección social da saúde pública" anunciado por Feijóo só recibirán atención urxente "por enfermidade grave ou accidente"
Feijóo: "Se estou a favor das mamografías? Depende a que idade"
Feijóo evita rexeitar os posibles novos copagamentos en prestacións sanitarias e o BNG ínstao a evitalos destinando a asistencia médica os dous millóns dunha campaña publicitaria do Sergas. Audio no interior.
A Xunta anuncia por cuarta vez a Axencia Tributaria Galega, agora para 2013
Feijóo asegura que o novo ente, anunciado por primeira vez en 2010, estará en funcionamento o 1 de xaneiro do vindeiro ano. Segundo o Goberno, permitirá recadar 20 millóns máis en tributos sen subir impostos nin investir en máis persoal