Furanchos tres meses ao ano e con só cinco tapas
A Xunta limita a actividade dos establecementos caseiros nos que se serve viño da colleita acompañado de alimentos. De agora en diante deberán aplicar o IVE, facer facturas e dispoñer de libro de reclamacións.
A Xunta recorrerá no TC a suspensión de axudas ás renovables que decretou Rajoy
Feijóo anuncia a intención de dirimir no Constitucional as súas "discrepancias cordiais" co Goberno central a respecto da fin das primas, que en Galicia impacta con virulencia no freado sector eólico
Unidade sindical para que "a inmensa maioría do país" vaia á folga contra os recortes
CIG, CCOO e UGT rexistran a convocatoria do paro xeral do 14-N lembrando que o PP "vai gobernar co 25% dos votos" e convencidos de que a resposta social á reforma laboral e ás políticas "da miseria" vai ser "masiva". Audios no interior.
'La Coruña' e 'Orense', quince anos de inexistencia
En novembro de 1997 o Congreso dos Deputados deulle luz verde á iniciativa lexislativa do Parlamento de Galicia para suprimir os topónimos deturpados das provincias coruñesa e ourensá, equiparándoos así cos das súas cidades homónimas
"Toda muller pode sufrir violencia de xénero, cómpre axudar as vítimas a recoñecelo"
A profesora Raquel Castillejo dirixe un congreso da USC sobre violencia machista e advirte sobre os riscos dos recortes sociais na protección das mulleres agredidas e dos tratamentos inadecuados nos medios de comunicación que presentan "os agresores, que maltratan reiteradamente", como persoas "simpáticas con todo o mundo"
Varela e Gayoso, relevados á fronte da Fundación Novacaixagalicia
A Xunta culmina o trámite de declarar de interese galego a entidade fundacional herdeira da obra social das antigas caixas
"Desmobilización" para rexeitar os prezos abusivos da AP-9
Un colectivo creado a través de internet aspira a que este martes 10.000 vehículos deixen de empregar a Autoestrada do Atlántico para esixir rebaixas nas tarifas das peaxes
O Consorcio de Benestar que Feijóo quixo pechar remata a lexislatura con 1.400 traballadores
A entidade que xestiona escolas infantís e centros de maiores, coa súa disolución aprobada dende hai dous anos, continúa a funcionar sen convenio colectivo para o seu persoal e coa integración na Axencia de Servizos Sociais paralizada
Mulleres, labregas e "decididas a loitar"
O Sindicato Labrego Galego pecha o seu encontro anual de mulleres cun berro contra a volta aos tempos "da beneficencia" e a prol do traballo agrario e gandeiro en condicións dignas
O búmeran de Feijóo, sal nas feridas de PSdeG e BNG
O líder conservador aférrase aos argumentos de campaña de socialistas e nacionalistas, en plena reflexión interna, para dar por "avaladas" as "políticas do PP en Madrid". Audio no interior.
Wert, deputado por 'La Coruña' preocupado polos "programas de horror"
O ministro de educación representou no Congreso dos Deputados á Agrupación de la Democracia Cristiana entre 1986 e 1987, etapa na que participou na comisión de control de Radio Televisión Española
Guillerme Vázquez deixará de liderar o BNG tras a "reflexión" da derrota electoral
O líder nacionalista asegura que "non son tempos de abandonar" pero coida que "o novo proxecto" do Bloque debe ser encabezado por "outra persoa". Vídeo no interior.