O BNG propón rotar con AGE nun posto da Mesa do Parlamento
O Bloque aposta por evitar o "bipartidismo" nunha Cámara na que, di Jorquera, non se arrogará a "exclusividade" do nacionalismo. O PSdeG aínda non aclara se facilitará a entrada dunha terceira forza nos órganos reitores do lexislativo.
A Xunta deixa deserta a adxudicación do contrato para elaborar o DOG
O Goberno galego motiva na non presentación de documentos en prazo a exclusión da única empresa que se presentara para xestionar o Diario Oficial de Galicia
O alcalde de Boqueixón recúa tras facerse público que prevía subir o seu soldo un 41%
Este mércores o pleno municipal vota a proposta de incremento de salario do rexedor Jesús Sanjuás, que substituíu a Adolfo Gacio tras a súa imputación na operación Pokémon
O PSdeG ve "intereses de empresas" na privatización do control da tuberculose
Os socialistas sinalan que o servizo de supervisión que o Sergas decidiu externalizar "funcionaba moi ben con recursos propios" e alerta de que está en risco a "confidencialidade" dos datos dos doentes
O ministro do Interior recibe un exemplar de 'Amigos e sodomitas' como agasallo
O autor do volume, Carlos Callón, remítelle a obra a Jorge Fernández Díaz porque "a ignorancia sándase lendo e, coa lectura, tamén se poden desterrar moitos prexuízos"
As forzas parlamentarias elixidas en 2009 perderon 480.000 votos o 21-O
PP, PSdeG e BNG deixaron polo camiño case medio millón de votos nas pasadas eleccións galegas mentres AGE mellorou en máis dun 1.121% os resultados obtidos por Esquerda Unida en solitario nos anteriores comicios. A abstención elevouse ata o 45%
Os senadores chamaron 18.000 veces en 2011 a liñas 902 dende os móbiles oficiais
Ao longo do pasado ano remitíronse dende os teléfonos dos membros do Senado máis de 15.000 sms "especiais", empregados en servizos como as descargas de música ou os concursos televisivos
Rueda obvia que o PP prometeu "cero" gastos en alugueiros: "o obxectivo non está marcado"
O titular de Presidencia subliña que a Xunta aforrou dous millóns de euros en arrendamentos na lexislatura que remata pero evita asumir o compromiso incluído no programa electoral dos populares
De aluguer no Gaiás por 145 euros ao mes
A Xunta abre a posibilidade de arrendar espazos do edificio do Arquivo da Cidade da Cultura "para potenciar proxectos de emprendemento no eido cultural e creativo"
'Benvido, mr. Pemex': os plans industriais que nunca chegaron a Galicia
A Xunta anuncia agora a posibilidade de que estaleiros galegos participen na construción de buques no Brasil mentres fican xa no esquecemento promesas como a factoría de coches en Melón ou a de baterías no entorno de Vigo
O Sergas privatiza a supervisión dos tratamentos de tuberculose
O Servizo Galego de Saúde destinará máis de 350.000 euros a contratar unha empresa que manexará informes sobre a saúde dos doentes e "levará a cabo" os "plans de actuación" que determinen as Unidades de Tuberculose dos centros sanitarios
A Xunta pecha a entrada de novas facturas no seu orzamento ata 2013
O Goberno galego deixa de atender novos compromisos de gasto dende este 7 de novembro, agás en casos ineludibles. En 2011 adiantou o peche ao 30 de setembro para garantir a "disciplina" das súas contas.