Unha galega, entre o profesorado evacuado dos campamentos saharauís de Tindouf
A xornalista Carmen Quintela detalla en conversa con Praza Pública a evacuación na que se viu inmersa en Tindouf, unha "operación coordinada co Goberno de Alxeria e a Fronte Polisaria" que non lle consta ao Goberno de España
Manter aberto o Gaiás custa case 9.000 euros ao día
A Xunta inicia o procedemento para contratar os servizos de limpeza e mantemento e os subministros de gas e enerxía eléctrica para a Cidade da Cultura
Baltar, Currás e Bárcenas amárganlle a festa a Feijóo
Os casos de presunta corrupción mesturados con conflitos internos ensombrecen o congreso autonómico do PP, que comeza este sábado coa ausencia de Rajoy. Alfonso Rueda recuncará como secretario xeral
Besteiro reclama solucións "políticas" ao "suicidio demográfico" de Galicia
O presidente da Deputación de Lugo aposta polo "crecemento" económico dende unha óptica "progresista de esquerdas" na presentación das contas da institución no Parlamento. O PP acúsao de empregar o goberno provincial para realizar campañas "de imaxe" de si mesmo.
O solo reservado a pisos protexidos desplómase en Galicia pola derrogación da lei do bipartito
A superficie de reserva para vivenda de protección oficial queda nunha media do 7% no conxunto de Galicia e os concellos que máis teñen non superan o 20%. A norma do Goberno anterior, derrogada por Feijóo, prevía chegar ao 40%.
Feijóo sitúa a Nava Castro en Turismo e líbraa das preferentes
Persoas afectadas polos produtos financeiros das antigas caixas aseguran que a que foi directora xeral de Comercio lles prometeu "arbitraxe para todos se o PP ganaba as eleccións"
A vaga expansiva de Conde Roa some no descontrol o Concello de Santiago
A xuíza de Lugo decide non impoñerlle medidas cautelares a Ángel Currás, cuxa presunta implicación no caso Pokémon acentúa a súa febleza política ante un PP local no que reina a división
Feijóo gábase das listas de espera cirúrxicas do Sergas, que roldan os 100 días
A Xunta aférrase ao cómputo das agardas baseado nas "patoloxías máis graves" e obvia o sistema ordinario, lastrado polos máis de 200 días de demora do hospital POVISA de Vigo
A Xunta defende a empresa do salvamento marítimo ante a morte dunha percebeira
Rosa Quintana xustifica que a compañía privada que se encarga do servizo de gardacostas estivese máis dun mes sen gardas presenciais por "causas de forza maior". A oposición reclama explicacións, o rescate da concesión e a dimisión da conselleira.
Feijóo prepara o terreo para que o Estado poida intervir as contas de Galicia
Tras meses negándoo o presidente da Xunta abre a porta á posibilidade de que o seu Goberno recorra ao Fondo de Liquidez Autonómica (FLA) no canto de seguir a financiarse nos mercados ordinarios de débeda pública
Rajoy, no Financial Times: "Cantos non galegos tomarían estas decisións?"
O presidente do Goberno central asegura, nunha entrevista co xornal económico británico, estar "feliz e fachendoso de ser galego" e rexeita o "vello clixé de que Rajoy nunca toma decisións"
A débeda xa é a terceira 'consellería' con máis orzamento da Xunta
Só Sanidade e Educación absorben máis recursos económicos que o pagamento do endebedamento público, cuxos xuros subiron un 97% dende 2009