O PP galego saca peito ante Artur Mas porque Feijóo saíu "reforzado" do 21-O
Os conservadores gábanse de que en todos os procesos electorais autonómicos os gobernos remataron "peor do que estaban" agás en Galicia, onde obvian a perda de votos e subliñan a suma de tres escanos
A norma coa que Feijóo tentou legalizar as enquisas lingüísticas
O Goberno galego incluíu na Lei de Convivencia e Participación unha tentativa de cobertura legal para que as familias do alumnado condicionasen o idioma do ensino despois de que o Consello Consultivo advertise da súa ilegalidade
"El arranxou a súa vida pero segue maltratándome, agora economicamente"
Unha muller vítima da violencia machista durante máis de vinte anos alza a voz para denunciar que, unha vez liberada das agresións físicas, segue sometida por ter que facer fronte a débedas contraídas polo agresor mentres estiveron casados. O seu, subliña, non é un caso illado.
"O pesimismo contáxiase máis que a peste, haberá que superalo con rebeldía e coraxe"
Alberto Ramos vén de gañar o Premio Vicente Risco de creación literaria coa súa novela Todos os días, unha historia que, coas dificultades do sector do xornalismo como pano de fondo, mergulla o público lector nas sensacións de quen perde o seu traballo e na traslación cotiá dunha crise que "é unha guerra, e imos perdendo".
Feijóo, candidato á Presidencia da Xunta (agora si)
A presidenta do Parlamento cumpre co trámite de escoitar os voceiros dos grupos parlamentarios e propón o líder popular como aspirante á xefatura do Goberno galego. A investidura culminará o día 29 e o 1 de decembro celebrarase a toma de posesión.
Colectivos sociais e oposición esixen a marcha de Jesús Vázquez tras o pau xudicial ao decreto
A Mesa informará nos centros de ensino das cidades de que o galego debe volver xa a ter unha presenza normal nas aulas
Guillerme Vázquez: "Non se pode culpar a ninguén do mal resultado electoral dun mesmo"
O portavoz nacional do BNG explica as claves da "reflexión" que inicia a formación frontista para "reorientarse" e subliña que non está "disposto a compartir nin fomentar a idea de que o pobo galego é masoquista e se entrega entusiasticamente aos seus opresores"
Unha radiografía no Sergas, 35 euros; unha noite de hospital, 526 euros
O Servizo Galego de Saúde publica o decreto anual coas tarifas ás que teñen que facer fronte ás persoas sen cobertura sanitaria pública e tamén as que fagan un "uso irresponsable" dos recursos sanitarios. Os prezos experimentan unha suba do entorno do 2,5%
O BNG propón destinar as vivendas dos bancos intervidos a persoas sen recursos
Os nacionalistas presentan dúas propostas de modificación da lei hipotecaria para garantir a posibilidade da dación en pagamento ou de transformar as hipotecas en alugueiros. Vídeo no interior.
Beiras somete os seus bens a un "striptease" para "esixir que o fagan os banqueiros"
O voceiro de AGE amosa a disposición da coalición a que o patrimonio dos seus membros sexa "público" e censura que non sexa posible coñecer o dos "poderosos" que "estafan"
Un metro cadrado de centro comercial por cada tres habitantes de Galicia
O país acumula xa máis dunha corentena de grandes superficies comerciais mentres segue a caer o número de empresas dedicadas ao comercio retallista, afogadas pola crise e pola liberalización de horarios
Portugal activa un plan para previr a chegada do brote de dengue que afecta á Madeira
As autoridades portuguesas poñen en marcha un dispositivo de control para "evitar que se instalen no continente" os mosquitos que transmiten a doenza, da que xa se rexistraron máis de 1.300 casos, nove deles en territorio continental