O hospital de Santiago atrasa seis meses un tratamento de cancro polo seu prezo
A asociación de usuarios de Oncoloxía do CHUS denuncia que cando menos tres pacientes agardan pola autorización do gasto para un fármaco contra os tumores de próstata que se administra noutros hospitais galegos e que a dirección do centro compostelán nega "sistematicamente"
Beiras prognostica a "inexorable derrota" do PP: "van fuxir como ratos"
AGE fai rebordar o seu mitin de Compostela con chamadas a "librar un combate para acabar co espolio do noso país" a través do "desaloxo" do PP na Xunta
Feijóo pega as axendas do PP e da Xunta na fin da campaña
O candidato á reelección aproveita actos electorais nas principais cidades para realizar visitas institucionais nas mesmas. Aproveitará o derradeiro Consello antes das votacións para presumir de facturas "pagadas".
Queremos Galego chama a non votarlle a Feijóo, que "compensa a ignorancia con chulería"
A plataforma a prol da lingua convida a conmemorar o terceiro aniversario da súa primeira gran manifestación lembrando en Twitter a "maior destrución de libros en galego dende 1936", ordenada pola Xunta, din
Bascuas promete facer “inexpugnables” sanidade, educación e servizos sociais
O candidato de Compromiso cre "indigno" que presidda a Xunta "alguén que non se poría nervioso por devolver competencias a Madrid"
O fiscal non presenta cargos contra os policías denunciados por lesións a un cámara da CIG
Os antidisturbios que detiveron o traballador do sindicato nacionalista na folga xeral do 29M acúsano de autolesionarse e de "provocar" por realizar o seu traballo de reporteiro gráfico. A defensa dos axentes reclámalle 600 euros de multa.
Cosme Pombo, a 'revelación' luguesa da campaña do BNG
O cabeza de lista do Bloque por Lugo sorprende cos seus heterodoxos discursos, nos que mestura a mensaxe electoral dos nacionalistas con chanzas co público e mesmo cancións
O PSdeG cre que o presidente electo de México constata que Feijóo "mente" sobre Pemex
Os socialistas resaltan que Peña Nieto se compromete a "continuar coas xestións" duns contratos que o candidato á reelección deu por feitos e coidan que é Feijóo quen "pon en perigo" os contratos. "Temos o máximo interese en que se concreten", agregan.
A Unesco constata un recorte do 30% no investimento educativo do Goberno español
A axencia da ONU para a cultura liga a crise da débeda coa redución das achegas públicas ao ensino e sitúa o Estado español á cabeza do fracaso escolar e do desemprego xuvenil en Europa
Beiras: "O noso obxectivo non é captar votos doutros, é activar o electorado desencantado"
O líder de AGE advirte de que "a alternativa ao PP pasa por acordos" entre varias forzas políticas e "a maneira de crear un clima propicio" para eses pactos non é "atacar aos que non son inimigos"
Feijóo reivindica a súa orixe de "aldea" fronte aos "nacionalistas que tocan pianos"
O candidato á reelección reivindica que o PP non é de "ricos" e di que os seus membros non teñen "cabalos" como os "líderes do PSOE". Audio no interior.
López de Uralde: "É falso que Equo se opoña á autodeterminación"
O partido ecoloxista que encabeza o antigo líder de Greenpeace explica que a súa prioridade dentro de AGE é "desaloxar o PP do Goberno galego"