Beiras capitaliza a constitución do Parlamento e "vence a tentación" de disolvelo
O voceiro de AGE protagoniza o inicio da IX Lexislatura nunha sesión que reelixiu a Pilar Rojo como presidenta da Cámara coas protestas dos afectados polas preferentes como pano de fondo
Cando é a Xunta quen te bota da casa
Unha muller desafiuzada polo Instituto Galego de Vivenda e Solo ao non poder pagar mensualidades de 300 euros relata a súa experiencia para Praza Pública. No que vai de 2012, case 20 persoas perderon a súa vivenda en Galicia cada día.
AGE e BNG ficarán fóra da Mesa do Parlamento
O PSdeG decide ocupar os dous postos da oposición no órgano reitor da Cámara coas deputadas Marisol Soneira e Concepción Burgo. Beiras reitera a súa aposta por ampliar os membros da Mesa para que estean representados os catro grupos.
Feijóo reproduce o argumentario do PP: "A folga non resolve os problemas"
O presidente en funcións "non cre" que as protestas do 14-N fosen "boas para os traballadores" e subliña que "a maioría da xente foi traballar e decidiu non facer folga"
O PP devólvelle ao PSdeG a pelota da Mesa do Parlamento
Feijóo evidencia que o seu grupo non vai ceder a maioría no órgano reitor da Cámara e ratifica que votará o que decida "a oposición" nos dous postos que lle corresponden. AGE organiza un "cortexo cívico" para asistir á constitución do lexislativo e o BNG convida a persoas afectadas pola crise.
AGE propón sumar dous membros á Mesa do Parlamento para integrar a todos os grupos
Beiras e Díaz chaman a "evitar" que os "partidos do réxime secuestren" os órganos reitores da Cámara a través dunha ampliación que non suporía custo adicional ningún e rexeitan entrar en "releos" de postos
O aniversario da chegada de Francisco de Asís a Santiago, de "interese público" para a Xunta
O Goberno galego introduce, a través do PP, unha emenda nos Orzamentos Xerais do Estado para outorgarlles beneficios fiscais ás empresas que financien un programa de actos que se estenderá entre 2013 e 2015 e que organizará coa Orde Franciscana
Os estaleiros galegos competirán cun mínimo de dúas empresas polos floteis de Pemex
A multinacional iniciará nun "máximo de dúas semanas" a "licitación por invitación restrinxida" para a construción dos buques, aos que tamén optará unha empresa mexicana
O PSdeG deixa en mans do PP a entrada de AGE e BNG na Mesa do Parlamento
Os socialistas, dispostos a ocupar unha soa cadeira no órgano reitor da Cámara se os populares renuncian á súa maioría nel, evitan pronunciarse sobre a proposta do Bloque para rotar nun posto co grupo liderado por Beiras
O Parlamento recibirá o seus novos ordenadores con Windows antes do día 23
O lexislativo galego formalizou a finais de outubro o contrato de compra de 85 portátiles para os que esixiu o sistema operativo de Microsoft, renunciando de antemán a alternativas de software libre
O PP asegura que se un deputado seu é procesado deixará o Parlamento
Os conservadores anuncian un "compromiso ético" para garantir que os membros do seu grupo na Cámara porán o escano "á disposición" do partido no caso de estaren imputados xudicialmente
O BNG propón rotar con AGE nun posto da Mesa do Parlamento
O Bloque aposta por evitar o "bipartidismo" nunha Cámara na que, di Jorquera, non se arrogará a "exclusividade" do nacionalismo. O PSdeG aínda non aclara se facilitará a entrada dunha terceira forza nos órganos reitores do lexislativo.