O PP esixe un pacto sobre o dique flotante un día despois de vetalo
O conselleiro de Industria acusa a oposición de "prexudicar a imaxe de Galicia" coas súas críticas pola xestión do naval e omite un treito do programa do BNG na materia para reprocharlles aos nacionalistas que "todo o que querían xa está feito"
Un imposto aos centros comerciais para protexer o pequeno comercio?
O PP volve rexeitar no Parlamento a creación dun novo tributo que grave a instalación e actividade das grandes superficies, que xa ocupan case un millón de metros cadrados en Galicia
O PP eloxia a "calidade" de POVISA malia lastrar toda a lista de espera do Sergas
Os conservadores rexeitan unha proposta coa que o BNG, apoiado polo resto da oposición, reclamaba resolver o contrato de colaboración público-privada do novo hospital de Vigo
Feijóo, interpelado pola Pokémon, acaba pedíndolles explicacións a AGE e BNG
Alternativa e Bloque coinciden en reclamar que o presidente tome "decisións" e reclame a disolución da corporación compostelá
A tensión enquístase no Parlamento de Galicia
O debate de Orzamentos afonda na espiral de liortas e apercibimentos aos grupos da oposición que vén caracterizando o lexislativo galego nos últimos meses
O PP saca peito tras pactar que a Xunta achegue o 3% do custo do dique flotante
PP e PSdeG pactan a última hora incluír nos Orzamentos unha partida de cinco millóns para a infraestrutura, que tería un custo duns 165 millóns. A Xunta rectifica un comunicado no que se atribuía en exclusiva o mérito da achega económica.
Feijóo saca adiante uns Orzamentos blindados pola policía
O PP aproba en solitario as contas para 2013 nun Parlamento cercado por efectivos antidisturbios. As arcas públicas manexarán 220 millóns menos e máis do 70% do recorte recaer sobre as áreas sociais.
"O falso debate entre lingua propia e plurilingüismo é unha aberración"
Tres responsables de La Bressola, a asociación de escolas da Catalunya Nord que aplica o sistema de inmersión lingüística en territorio francófono conversan con Praza Pública sobre a súa experiencia pedagóxica. "Nunha escola de inmersión total o alumnado sae bilingüe total", explican.
O 90% das iniciativas de deputados galegos no Congreso son de PSOE e BNG
Malia ter o 65% dos escanos que lle corresponden a Galicia, os e as representantes do PP na Cámara Baixa apenas superan o 10% do total da actividade parlamentaria ata o momento
O PP pasa por riba das mil emendas da oposición e erixe o seu orzamento no "único" posible
Os conservadores aceptan só dúas achegas ás súas contas e PSdeG, AGE e BNG censuran a "inutilidade" e escaso carácter "democrático" de todo o trámite orzamentario.
Rajoy levántalles ás ETT a prohibición de facer contratos de aprendiz
O Goberno central aproba un paquete de medidas sobre emprego xuvenil que fomenta a contratación temporal e insiste no emprendemento, permitindo compatibilizar a prestación por desemprego co inicio dun negocio
A "fronte antitaurina" bota a andar no Parlamento
Os grupos de AGE e BNG e a metade do PSdeG secundan a iniciativa de Galicia, mellor sen tourada para pular pola retirada de axudas públicas ás touradas e camiñar cara á prohibición destes eventos de "tortura" aos animais