Rajoy volve ao plasma en Galicia para fuxir do escándalo Barberá
O equipo de campaña do PP usa conos na Cañiza para manter a prensa a 50 metros de distancia
A feble posición do Estado e de Rajoy ante o Brexit
A falta de Goberno en España limita a capacidade de actuación do presidente e do seu Goberno en funcións que chegará ás reunións europeas cheo de incógnitas e en clara debilidade. O Executivo terá que pactar unha postura de consenso co resto de partidos para o Consello Europeo do martes.
O PSOE encarga unha enquisa sobre candidatos á Xunta que inclúe a Antón Losada
Na lista de aspirantes, Ferraz inclúe a Caamaño, González Formoso, Méndez Romeu e Carmela Silva. O politólogo e comentarista nos medios asegura que "ninguén" do Partido Socialista o consultou para saír na listaxe.
Sopesan o maxistrado Luís Villares como candidato da Marea á Presidencia
A elección contaría co aval de Beiras e foi consultada con Compostela Aberta e Marea Atlántica. Villares, membro do TSXG, é voceiro de Xuíces para a Democracia.
O PP xa dá por seguro que Feijóo anunciará o sábado que recunca como candidato á Xunta
Rajoy reforzará o poder de Feijóo en Madrid se acepta repetir como candidato en Galicia. "Como gañe e goberne, será o líder do PP nacional", sinalan fontes da dirección.
Besteiro renuncia a ser candidato á Xunta
O líder do PSdeG comunicará á súa executiva a decisión de non optar ás primarias que decidirán o candidato nas autonómicas. A decición chega logo de que fose imputado por seis delitos na operación 'Pulpo'.
Rajoy baralla que as eleccións xerais e galegas coincidan o 26 de xuño
O PP pensa que este escenario lle beneficiaría, como unha forma de evitar o ascenso de En Marea nos comicios autonómicos e un posible cmbio de goberno. Nuñéz Feijóo quere abandonar Galicia se lle fan un oco na dirección do partido e na lista electoral
En Marea negocia un "grupo confederal" con Podemos
Ten ata as 20 horas deste martes para presentar proposta e loitará "ata o final" polo grupo galego. De persistir a negativa, busca un grupo plurinacional coas confluencias, sendo o confederal a última opción. A coalición rexeitou a oferta do PSOE de aumentarlle os recursos dentro do mixto
O PSOE propón a En Marea, Compromís e En Comú formulas alternativas á creación de grupos
Antonio Hernando reuniuse este luns con representantes das coalicións nas que participou Podemos en Galicia, Catalunya e Valencia. En Marea advirte de que non apoiará a Patxi López como presidente do Congreso se non se facilita o seu grupo.
En Marea prevé integrarse nun grupo de "nacións sen Estado" no Senado
Os senadores da coalición galega, xunto cos de En Comú Podem e Compromís-Podem, integraranse nun grupo ao que Podemos prevé ceder algúns dos seus representantes vascos para reflectir tamén na Cámara Alta a plurinacionalidade do Estado.
Facebook seguirá as conversas políticas de 21 millóns de persoas ata as eleccións xerais
A rede social está a realizar medicións do debate político que manteñen os seus usuarios e ofrecerá datos sobre os temas que máis se comentan e a súa frecuencia. A compañía asegura que non empregará estes datos comercialmente.
Baltar pai tamén prometeu traballo á muller que denunciou o seu fillo
José Luis Baltar reuniuse en varias ocasións coa muller que denunciou o seu fillo por ofrecerlle traballo a cambio de sexo. As gravacións demostran como o patriarca continúa exercendo o seu poder malia delegar a presidencia en Baltar Blanco.