Trump chama á calma entre incerteza e temor pola súa vitoria
Confírmase o triunfo do polémico magnate sobre Hillary Clinton, que xa recoñeceu a súa derrota. O mundo contén a respiración ante unha nova sorpresa electoral e o inesperado triunfo dun excéntrico e recoñecido xenófobo e machista que chamou á "unidade" no seu primeiro discurso.
O Parlamento Europeo entra en fase adulta no peor momento posible
O descrédito da eurozona favorece os partidos euroescépticos de esquerdas e dereitas nas elección sde 2014. Na nova lexislatura a Eurocámara comportarase como tal e elixirá o presidente ou presidenta da Comisión. Ou tentarao.
A maldición de Bangladesh comeza nas tendas de Europa e Estados Unidos
As grandes marcas de roupa europeas e estadounidenses presionan os seus provedores asiáticos, como os que traballaban no edificio derrubado no que morreron máis de trescentas persoas, para que manteñan baixos os custes. En 2011 os sindicatos propuxeron un sistema de inspección e as multinacionais rexeitárono.
Vencedores e perdedores na última guerra de Israel e Hamás
Unha semana de bombardeos. 177 palestinos mortos. Seis israelís mortos. As operacións militares concluíron moito antes do que se esperaba en Israel, até o punto de que varios medios e análises indican alí que é imposible que o Goberno de Netanyahu conseguise todos os seus obxectivos. Quen son os vencedores e perdedores do último capítulo deste conflito sen fin?
Quen comezou a disparar en Gaza?
Dende 2009, os ataques da aviación israelí e dos grupos palestinos remataron sendo controlados pola mediación exipcia. Pero esta vez os israelís están a subir a aposta. Xa son 39 as persoas mortas en Gaza polos ataques.
Ataque sobre Gaza: comeza a campaña electoral israelí
Ahmed Yabari, líder do brazo militar de Hamás, morreu este mércores xunto con outros nove palestino nun ataque israelí sobre Gaza. Aluf Benn, director de Haaretz, ve a ofensiva israelí sobre Gaza como a continuación dunha tendencia moi presente na política israelí. Se se achega a data de eleccións, os militares teñen traballo extra
Obama non era tan vulnerable como crían os seus rivais
Iñigo Sáenz de UgarteAngela Merkel devolve España á crúa realidade
O Goberno alemán prioriza os intereses electorais da chanceler e impón o atraso da recapitalización directa dos bancos españois a 2014, malia que o Estado español precisábaa canto antes.