Marcos Pérez Pena

Marcos Pérez Pena

Marcos Pérez Pena (Montevideo, 1980). Tras ter traballado en Vieiros.com e outros medios, en 2012 formou parte do equipo que puxo en marcha Praza. Doutor en Xornalismo pola USC, analizou na súa investigación o papel da prensa en Galicia durante a Transición.

  • O tributo que Magín Blanco merece

    Promoven a través dunha iniciativa de crowdfunding a edición dun dobre disco de homenaxe ao artista ourensán, que o pasado verán sufriu un accidente que lle impide tocar a guitarra. Xoel López,  Nick Garrie, Uxía, Malvela, Cosecha Roja, Nancho Novo, Todo el largo verano, Manu Clavijo, Quant, Eladio & los Seres Queridos, Silvia Penide, Ugia Pedreira, Guadi Galego, Roger de Flor, Camilo Franco ou a Burgas Beat colaboran no álbum de versións.

  • Música, humor e gastronomía. Que máis se pode pedir?

    A segunda edición dos seráns do Taller Atlántico Contemporáneo na Cidade da Cultura comeza este domingo, cun concerto dirixido por Diego García Rodríguez, con obras de Varèse, Kagel, Schnitke e Daugherty. Todo será introducido por un monólogo de Carlos Blanco, e ao remate o restaurante Abastos 2.0 de Compostela ofrecerá unha degustación. Os seráns continuarán até decembro.

  • Vilamor, de Cannes a Cans

    O filme dirixido por Ignacio Vilar estreouse este xoves en Ourense, nunha sesión á que asistiron máis de 400 persoas, e pechou así a súa xira polas cidades e vilas galegas. O equipo viaxa nestes momentos a Francia para participar no festival de Cannes, co obxectivo de asegurar a distribución internacional da película. E a semana que vén estará en Cans, Porriño, para participar neste evento cinematográfico.

  • O Vigo de Paz-Andrade centrou os actos oficiais do 17M

    Concello, RAG e Xunta homenaxearon o empresario, poeta e políticos, nuns actos aos que asistiu numeroso público e nos que interviron Xavier Vence, Manuel Rivas, Ramón Villares, Xosé Ramón Barreiro ou Xesús Alonso Montero, ademais de Méndez Ferrín, Abel Caballero, Alfonso Paz-Andrade ou o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo.

  • O día das Letras celébrase nas rúas... e na rede

    A Real Academia Galega, a Coordinadora de Equipos de Normalización, a CRTVG, Cultura Galega, a Fundación Barrié ou dous proxectos en GalegoLab presentan propostas ou contidos especiais ao redor do 17 de maio. Destaca, principalmente, o Caderno realizado pola RAG, en colaboración coa AELG, a AGE e outras entidades e que compila 50 cartaces e 50 textos dedicados ao medio cento de autoras homenaxeadas e realizados por outros tantos deseñadores e escritores de todas as xeracións.

  • Unha ILP, inspirada en Paz-Andrade, pide promover o portugués no ensino e nas empresas galegas

    A Iniciativa Lexislativa Popular contén unha serie de medidas concretas, coma a progresiva incorporación do portugués no ensino, o fomento da participación das institución e empresas galegas nos foros económicos, culturais e deportivos lusófonos, ou a recepción aberta das televisións e radios lusas. Se é admitida, necesitará 15 mil sinaturas para ser debatida na cámara.

  • "A lingua é adictiva"

    A optimista reflexión do escritor Marcelino Fernández Mallo, que di que cando unha persoa decide comezar a usar o galego "despois non pode parar", convídanos a pensar sobre a normalización do idioma e os ataques que vén recibindo nos tres anos de goberno de Alberto Núñez Feijoo nun vídeo elaborado por Xosé Bocixa en conversa con Lois Dieguez, Xurxo Souto, F. Xosé Fernández Naval, Antía Otero, X. R. Freixeiro Mato, Dores Tembrás, Estibaliz Espinosa, Pilar Pallarés ou Ánxeles Penas.