"Reganosa xa non ten ningún papel, todas as autorizacións concedidas deben quedar anuladas"
As entidades veciñais, sociais e ecoloxistas que compoñen o Comité Cidadán esixirán a execución da sentencia do Tribunal Supremo que anula a modificación do PXOM de Mugardos que permitiu a instalación da planta de gas. A sentencia, inapelable, afirma que o plan e a planta carecen das necesarias avaliacións de impacto ambiental.
A xuíza arxentina que investiga os crimes do franquismo tomaralles declaración en setembro aos denunciantes
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña inicia unha campaña para animar os familiares dos represaliados a que realicen a denuncia, para afianzar o proceso conducido por María Servini e que pode levar a que se xulgue o xenocidio franquista, con máis de 115 mil desaparecidos aínda en todo o Estado.
O Supremo anula a modificación do PXOM de Mugardos de 2003 que amparou a planta de Reganosa
O tribunal desestima a apelación presentada pola empresa contra a sentencia do TSXG, que en 2008 xa anulara os cambios no plan. O Concello aprobou unha nova modificación do PXOM o pasado mes de abril para que a planta de gas se adapte á normativa ambiental. A súa aprobación definitiva está pendente da resolución das alegacións presentadas polo Comité Cidadán de Emerxencia, que insiste en que o novo plan "tampouco será legal"
"As eleccións son moi importantes, pero construír algo novo tamén o é"
Carlos Méixome é un dos promotores da asemblea nacionalista do Val Miñor, que á súa vez foi, canda á de Ferrolterra, a principal impulsora da xuntanza que este sábado mantiveron en Teo representantes das asembleas locais e comarcais do chamado Novo Proxecto Común. O 16 de xuño constituirase a coordinadora provisional, que elaborará un documento de mínimos e que organizará a Asemblea Nacional, que se celebraría a finais de xuño ou comezos de xullo. Audios no interior.
"O puntogal vai existir e vai funcionar ben"
Jordi Iparraguirre é o director da Fundació Puntcat. Estivo en Compostela para participar na presentación oficial da candidatura galega para contarmos cun dominio de primeiro nivel
A crise reduce a confianza dos españois no capitalismo e na UE
O Pew Research Center publica un estudo, realizado en oito países da Unión Europa, que analiza a evolución das actitudes dos seus habitantes cara ao sistema económico ou o proceso de construción política europea. España sitúase nun niveis de pesimismo, euroescepticismo e desconfianza do libre mercado só superados por Grecia.
Desta vai: Galicia inicia a carreira polo .gal
A Cidade da Cultura acolle este martes a presentación oficial da candidatura galega para acadar un dominio de internet de noso. Seguindo o ronsel aberto por Catalunya, que en 2003 acadou o .cat, a Asociación Puntogal completou todos os trámites económicos, técnicos e administrativos, e confían en que a ICANN aprobe a solicitude nun prazo de 12 a 18 meses.
"Se os média e os bares nom atendem à música local, torna-se difícil que se dê criado uma pequena indústria"
Despois de catro anos sen escoitar cancións novas de Projecto Mourente, Carlos Valcárcel, regresa con A Pior, que xa se pode descargar. Máis ritmos, máis bases, máis pop, máis guitarras, máis música en galego para poñer a bailar a todo o barrio. Despois de ir A Pior, xa todo pode ir a mellor
"Nos gandeiros hai medo a denunciar os sacrificios innecesarios de animais"
O Sindicato Labrego denuncia que centos de animais son sacrificados sen estar enfermos, por mor dos criterios subxectivos empregados pola empresa que realiza os saneamentos, Tragsega, e pola falta de control e "irresponsabilidade" da Xunta. Cándido Iglesias, da Baña, é un dos primeiros en denunciar a situación; matáronlle 31 vacas sas hai catro meses e aínda non cobrou a correspondente indemnización. Audios no interior.
15 razóns para ir a Cans
Este mércores comeza en Cans a novena edición dun festival que comezou sendo un modesto espazo de exhibición de curtas e que creceu moi rapidamente até acadar sona en toda a Península (e máis alá) e ofrecer cada ano unha completa programación de filmes, encontros con directores e concertos: este ano Xoel López ou Aerolíneas Federales. Falamos co seu coordinador, Alfonso Pato e dámosvos quince razóns para ir a Cans
Imaxin Software gaña o Premio Leixaprén, centrado este ano no uso do galego na empresa
O galardón, que naceu en 1999 nos centros de ensino do Barbanza, foi organizado este ano pola Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística, que coincidindo coa homenaxe a Paz-Andrade, o centrou no mundo da empresa, un ámbito "no que queda moito por facer", segundo Miguel Outeiro. Imaxín superou nunha axustada votación a R, Alimentos Amorodo, Martín Códax e A-1 Seguridade.
Wikileaks lanza FoWL, unha nova rede social, criticando con dureza a Facebook
O colectivo anuncia a creación dunha rede social, como adiantara hai meses, e lánzaa contrapoñéndoa ao xigante de Mark Zuckerberg. Segundo Wikileaks, FB "rexistra todo o que fas" e despois entrega eses datos; en contraposición, Friends of Wikileaks nace facendo fincapé na privacidade, de xeito que todos os datos están cifrados.