O Concello da Coruña subvencionará indirectamente a feira taurina
Aproba as condicións da licitación do espectáculo, que constará de tres touradas, e comprométese a "instalar e engalanar a praza", ademais doutras prebendas, como a cesión da banda municipal e a exención das taxas correspondentes, uns favores que sumados ascenden a 79 mil euros, segundo Galicia, mellor sen touradas.
“Eu non podo escribir nun xornal que non podo ler”
Ramón Chao falou na Fundación Paideia da Coruña sobre A censura no franquismo e agora, nun acto organizado polo Ateneo Republicano e o 15M e presentado por Ferrín. O xornalista dixo que "antes a censura exercíana os políticos, e agora os grandes empresarios e os editores dos medios"
"Feijoo non sería capaz de dicir o que fixo en tres anos, porque non fixo nada"
Anxo Guerreiro foi deputado do PCG na primeira lexislatura do Parlamento Galego, e recuncou en 1997 con Esquerda de Galicia, en coalición co PSdeG. Fala con preocupación da situación económica, das medidas da axuste e dos erros estratéxicos da esquerda: "vai haber cambios de goberno en Europa, pero ademais fai falla que a socialdemocracia, que seguirá sendo maioritaria en Europa, cambie de actitude".
O Concello do Irixo rexeitou por unanimidade a instalación dunha incineradora na comarca en 2011
A moción, presentada polo daquela concelleiro nacionalista Óscar Freixedo, foi apoiada polo Partido Popular. O Encontro Irmandiño pide a dimisión do alcalde, Manuel Penedo, e dos restantes concelleiros populares.
"Non basta con indignarse. O 15-M ten que pensarse como un catalizador de procesos"
Falamos con Raimundo Viejo, Manuel M. Barreiro, Antón Fernández de Rota, David Rodríguez, Antón Gómez-Reino e Víctor Sampedro sobre a evolución do movemento, as perspectivas actuais e as estratexias que no futuro debería adoptar a cidadanía crítica na procura dunha política transformadora e unha saída alternativa da crise económica.
Profesorado, estudantes e PAS, unidos contra o decreto de universidades
A Plataforma Unitaria en Defensa da Universidade Pública chama a un paro de dúas horas este xoves pola mañá para apoiar a folga estudantil convocada na USC contra a suba das taxas, que poderían ascender un 66%, segundo denuncia a Liga Estudantil. Hai manifestacións convocadas ás 12 na Praza do Toural en Compostela e diante da Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo.
O 15M volve ás rúas con máis razóns ca nunca
O sábado 12 de maio o movemento de indignados e indignadas volve as rúas, nas primeiras manifestacións que convoca dende o 15 de outubro e que se insiren nunha mobilización global (haberá marchas en todo o planeta) a prol dun cambio de sistema. O 15M fai un ano, sen o impacto mediático dos primeiros meses e sen a presenza masiva e constante nas prazas, pero con máis motivos para a mobilización e o valor do traballo conxuntos con outros colectivos. Falamos con membros dalgunhas das asembleas do movemento en Galicia.
Stop Desafiuzamentos tenta deter o desaloxo dunha familia en Compostela
Novagalicia Banco ameaza con botar da súa vivenda a Sandra, de 25 anos, a súa nai e o seu irmán pequeno, por non poder pagar a hipoteca asinada por seu pai, que abandonou o domicilio e agora se atopa en México.
"Se a oposición se puxese de acordo nun proxecto compartido para este país, gañaría claramente as eleccións"
Ceferino Díaz foi deputado no Parlamento galego entre 1981 e 1997, e voceiro do PSdeG-PSOE, representando nestes anos a súa corrente máis galeguista. Despois incorporouse ao Congreso dos Deputados, onde permaneceu até 2011. No ano 2008 publicou o libro de memorias A esforzada conquista da autonomía. Falamos con el da Transición, o proceso autonómico e as ameazas recentralizadoras, da crise económica e do momento político actual. Repite dúas palabras por riba doutras: Galicia e proxecto.
Estes son os temas que os medios cataláns censuraron o pasado ano
O Anuari Mèdia.cat publica os 15 temas informativos de meirande importancia que os xornais, radios e televisións de Catalunya, Valencia e Baleares silenciaron, ocultaron ou terxiversaron durante o 2011. A iniciativa presentouse este xoves, Día Internacional da Liberdade de Prensa, no Colexio de Xornalistas de Catalunya, e toma como modelo o Project Censored estadounidense,
"Ten que haber unha descentralización na SGAE que reflicta a diversidade do Estado"
Antón Reixa enfronta nas vindeiras semanas dous retos. Un máis fugaz, pero se cadra máis emotivo: o regreso dos Resentidos nun concerto único, o 12 de maio en Ourense, que acompaña a publicación do disco de homenaxe A tribo toda baila. O outro, a posibilidade case segura de asumir a presidencia da SGAE co reto a adaptar a xestión de dereitos de propiedade intelectual a un novo contexto tecnolóxico e social ao que a industria cultural veu chegando tarde estes últimos anos. Audios no interior.
"O 84% dos cultivos son polinizados polas abellas"
Lugo acollerá este venres a Xornada da Asociación Galega de Apicultura sobre o papel das abellas na economía e sostibilidade do medio. Os organizadores sinalan, entre outros datos, que a apicultura dá traballo a 3.500 persoas no noso país, cunha facturación anual de 12 millóns de euros. Ademais, salientan que a actividade das abellas afecta o 76% da alimentación, influíndo en “sectores piares da economía como a agricultura ou a gastronomía”.