Antonina Semedo: 40 anos de mulleres de Cabo Verde na Mariña
Integrante do grupo Batuko Tabanca, Semedo chegou a Cangas de Foz desde Cabo Verde con 24 anos, seguindo os pasos do seu marido. Este artigo pertence á revista La España de los migrantes, editada por eldiario.es.
Ampla vitoria do ultradereitista Bolsonaro e desacougante futuro no Brasil
Tal e como prognosticaban as enquisas da última semana, o ultradereitista Jair Bolsonaro (Partido Social Liberal) tornou este domingo no 42º presidente da República Federativa do Brasil cun 55,14% dos votos fronte aos 44,86% do candidato do Partido dos Trabalhadores, Fernando Haddad
Natasha: o calvario das outras refuxiadas
Esta muller transexual paquistaní abandonou o seu país rumbo a Europa. Non deixou atrás unha guerra, pero si unha violencia extrema que seguiu durante a súa odisea até Grecia, desde onde espera chegar a España cun visado humanitario que debe conceder o Goberno central. Vídeo no interior.
Roula, a muller grega que acolleu cen refuxiadas
VÍDEO-REPORTAXE Na casa desta xubilada en Kavala xa viron a luz tres pequenos e varias persoas recuperáronse de graves doenzas. "Non aturabamos ver como toda Europa lles daba as costas", di quen convive agora cun sirio e unha familia curda. "Con elas chegou a alegría", asegura.
Skala Sikaminea, unha vila de Nobel
VÍDEORREPORTAXE A pequena localidade da illa de Lesbos ten varios veciños como candidatos ao premio Nobel da Paz pola súa organización e labor para axudar as refuxiadas que chegaban ás súas costas. "Un Nobel non vale para nada; o que queremos é que acabe a guerra", din.
O inhumano campo de Moria, en Lesbos: "Trátannos como animais"
VÍDEORREPORTAXE O centro de detención é un dos puntos negros do acollemento de refuxiadas en Grecia. Ateigado, con mala comida, abafante calor e escaseza de auga potable, a súa opacidade é total e varias ONG abandonaron xa o recinto ante a vulneración dos dereitos das persoas.
O 'oasis' de Kara Tepe: onde as refuxiadas son hóspedes
VÍDEORREPORTAXE O proxecto Refuxiados pasa un día neste campamento para persoas vulnerables, un exemplo e modelo en Europa sobre o tratamento aos desprazados, aos que "proporcionan coidados e garanten os seus dereitos" para "preservar a dignidade".
Aylan: un ano despois, 400 nenos máis afogados no Mediterráneo
Este venres cúmprese un ano da morte e imaxe do cativo curdo que axitou as conciencias de millóns de persoas. 365 días despois, a realidade das desprazadas segue a ser igual de crítica tras a ineficaz política da UE. Dende 2014, máis de 10.000 migrantes perderon a vida no Mediterráneo.
"O verdadeiro problema que temos en Grecia é a UE; nunca tivo un plan cos refuxiados"
ENTREVISTA Spyros Galinos é o alcalde de Lesbos, gabado polo seu compromiso cos refuxiados que chegan á illa. Fala claro e carga contra a política europea: "É irracional buscar só os beneficios de participar na UE pero non apoiar solucións cando hai unha crise comunitaria".
Proactiva Open Arms: arriscando vidas para salvar milleiros
VÍDEORREPORTAXE A organización humanitaria catalá continúa a salvar vidas a diario no Mediterráneo, a última vez o pasado luns, cando participou no rescate de 6.500 persoas. Só eles realizan actuacións directas no mar. "Non abandonaremos mentres haxa xente que poida morrer afogada"
A solidariedade cos refuxiados impulsa en Lesbos novos modelos turísticos
A illa pasou en pouco tempo dunha economía e modo de vida baseada na pesca e no turismo a axudar milleiros de refuxiados e ser mundialmente recoñecida. Varias iniciativas impulsan proxectos alternativos e sostibles baseados nos valores humanos e que compensen o descenso de visitantes.
"Europa pecha os ollos e mira cara a outro lado cos refuxiados"
VÍDEORREPORTAXE Case 60.000 persoas esperan bloqueados en Grecia poder ser aceptadas nalgún Estado da UE e tan só 500 persoas foron recolocadas dun total de 160.000 pendentes. Testemuñas do seu drama, refuxiados e voluntarios opinan da resposta comunitaria.