Un estudo pecha a falsa relación entre vacinas e autismo
Unha revisión de todas as análises sobre a posible relación entre a vacinación e os transtornos do espectro autista conclúe que non existe "ningunha evidencia" de nexo entre ambos.
Twitter presenta un desequilibrio de xénero a favor dos homes
Un estudo das conversas sobre cinema amosa que a rede social está marcadamente nesgada por razón de xénero. Como a maioría dos filmes, o teatro ou a banda deseñada, non pasa o test de Bechdel.
As mulleres ás que se lles nega o aborto triplican o risco de caer na pobreza
Que acontece coas mulleres anos depois de querer abortar e non poder facelo? Un estudo realizado nos Estados Unidos sinala que as que non puideron abortar sofren maiores problemas económicos e de saúde e, ademais, están máis expostas á violencia machista.
Expertos mundiais pídenlle a Rajoy que non rompa a lei antitabaco por Eurovegas
Escríbenlle unha carta ao presidente do Gobierno para dicirlle que sería “insensato” ceder ás presións de Sheldon Adelson, e que a decisión terá “consecuencias negativas a longo prazo na saúde e a economía de España”
"Que nos dean aos científicos un préstamo de 25.000 millóns como a Bankia"
Entrevista a Juan Luis Arsuaga, codirector dos xacementos de Atapuerca, que advirte dos riscos de recortar o orzamento para ciencia, un tallo que, ademais, considera innecesario, mesmo nas circunstancias actuais
España produce menos ciencia de máximo nivel que en 2009
A lista dos mellores centros de I+D mostra que a ciencia máis punteira de España comeza a descender. A clasificación confirma tamén a puxanza da química e a nanotecnoloxía e o retroceso de centros de cancro coma o CNIO, que cede o seu posto de líder absoluto
Twitter esvara como oráculo electoral
A análise das mensaxes compartidas na rede social amosa certa capacidade para prognosticar o resultado dos comicios e moitos dan por enterradas ás empresas demoscópicas. No entanto, Twitter aínda amosa demasiadas fraquezas para reflectir a realidade electoral.
Entregan 230 mil sinaturas no Ministerio de Economía para salvar o CSIC
A iniciativa responde ás dificultades orzamentarias do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, que “está a piques de colapsar debido aos recortes que o Goberno impuxo sobre a I+D+i”, segundo denuncia o manifiesto que recolleu as sinaturas. Nos centros do CSIC traballan máis de 12 mil persoas.
O CSIC precisa 75 millóns antes de fin de ano para evitar un "cataclismo"
O maior organismo de I+D do Estado cifra a súa supervivencia en períodos de apenas tres meses e depende dunha nova inxección económica do goberno para seguir adiante
A universidade pasa á ofensiva contra as pseudociencias
Despois de anos de asedio, a mobilización de moitos profesores está a conseguir as primeiras vitorias:. Retíranse algúns cursos de homeopatía e os alumnos comezan a coller o relevo.
“Moitos dos que aspiran ás Ramón y Cajal danlles vinte voltas aos membros de tribunais”
A avaliación dun programa para recuperar cerebros fuxidos cada vez máis mermado esperta as críticas entre os investigadores. O programa Ramón y Cajal perdeu case o 80% das súas prazas desde que se creou
A fuga de cerebros, ”un topicazo”?
É previsible que as poutadas dos últimos recortes agravasen a situación dos investigadores españois e que un maior número estea a buscar o seu futuro fóra do país, pero polo momento é complicado sustentar con datos calquera hipótese respecto diso.