O Centro Gallego de Bos Aires gaña tempo e evita a súa liquidación
A asemblea de representantes de socios adía a decisión final sobre a venda ao 8 de maio para que o interventor peche as negociacións coa Facenda arxentina e garanta que non quedarán débedas nin para os compradores nin para a entidade, que gardará o legado cultural a través dunha asociación.
Os maiores de Rianxo logran un centro de día tras un ano de loita e nove meses de peche
O Concello adquirirá o Pazo de Rianxiño, coa axuda da Deputación e tras a negativa da Xunta a construír a infraestrutura, para adecualo como sede do demandado espazo tras a mediación da plataforma que lidera a reivindicación e o encerro nas dependencias municipais desde o verán pasado.
A Xustiza dá tres meses para subir o recibo da luz en Galicia e compensar as eléctricas polo pago de impostos
O Supremo dá ata mediados do xullo ao Estado para que se cumpra coa sentenza que obriga a compensar as compañías polas taxas autonómicas pagadas en 2013, ameaza con multas e aclara que ao recargo sobre os consumidores haberá que engadirlle os intereses.
Rueda culpa tres sindicatos da ruptura do preacordo na folga da xustiza e o persoal acúsao de mentir
O vicepresidente da Xunta acusa a tres centrais de "presionar" o resto e lograr que se rachase un pacto que recoñece ter negociado con só catro das sete representadas no comité de folga, que insiste en que non houbo nada asinado.
O conflito da Xustiza agrávase e a folga segue tras racharse un acordo por 12 euros
As conversas entre Xunta e traballadores volven fracasar mentres Rueda asegura que se rompeu un preacordo que tiña con catro sindicatos, algo que nega o comité de folga, que acusan o vicepresidente de "mentir".
O eterno desmantelamento do tren Ferrol-Ribadeo: 13 cancelacións nun só día
O pasado luns suprimíronse máis dunha ducia de traxectos do FEVE da costa norte galega, que sufriu máis de 900 cancelacións en 2017 e segue a esmorecer entre avarías, atrasos e escaso investimento. A plataforma pola defensa da liña denuncia unha "desastrosa xestión" que cre "premeditada".
Ferrol pregúntase se os gardas civís que se bican en Canido son obra de Banksy
O espazo reservado ao enigmático e recoñecido artista no barrio ferrolán aparece cunha obra asinada por el e semellante a un dos seus murais máis recoñecidos. Os impulsores das Meninas de Canido tratan de verificar a súa autenticidade.
Xunta e persoal de Xustiza retoman as reunións coas posturas máis enfrontadas
Representantes do Goberno e comité de folga vólvense reunir 23 días despois da última xuntanza. Alfonso Rueda insiste en que o Goberno non se achegará ás cifras que reclama o persoal e en incluír na súa oferta o aumento que o Estado aplicará a todo o funcionariado.
A proeza do Aldebarán sitúa San Sadurniño na elite do voleibol
O equipo desta localidade de menos de 3.000 habitante acada un histórico ascenso á Superliga. O club, nado no colexio público hai 40 anos, conta con equipos en todas as categorías e 120 rapaces na canteira. "Aquí nos recreos case non se xoga ao fútbol", di Uxío García, capitán e directivo.
A Xunta convoca tres semanas despois o persoal de Xustiza en folga, que amosa a súa fortaleza
O vicepresidente, Alfonso Rueda, anuncia que citará o comité esta semana para unha xuntanza, máis de vinte días despois da última e cando comeza a 11ª semana de paro. Os traballadores insisten en que non abandonarán a loit "sen un acordo satisfactorio" e instan o Goberno a "sentar a negociar".
"Usemos o galego no deporte e a diario, é así como vai permanecer"
VÍDEOS | O Consello da Cultura Galega reuniu varios deportistas de elite para reflexionar sobre a saúde da lingua propia no seu ámbito. Máis dunha quincena deles participan en vídeos nos que reivindican o seu uso e lembran a súa "responsabilidade" como figuras públicas para "transmitir o seu valor"
A Xunta rexeita reunirse co persoal de Xustiza en folga tras case tres semanas sen facelo
O Goberno desbota acudir á cita prevista para este venres tras advertir os sindicatos de que querían aclarar a suposta oferta de 300 euros de suba salarial. A policía desaloxou delegados de San Caetano.