A esquerda galega confía en que triunfe a censura a Rajoy, pero recea de que dimita para impedilo
AO VIVO | Feijóo cre que Rajoy "non" vai renunciar ao seu cargo "porque sería dimitir das súas responsabilidades" e cre que o éxito da moción suporía non respectar "o resultado das urnas". De Frutos (PSOE) e Fernán-Vello (En Marea) advirten dun "ambiente positivo" para o cambio de goberno.
UD Ourense: catro ascensos en catro anos de fútbol popular
O equipo herdeiro do desaparecido Club Deportivo Ourense sobe a Terceira División tras comezar a súa andaina en 2014 na categoría máis baixa do fútbol. Baixo o modelo de accionariado popular e cun importante apoio social, a entidade sitúase xa a un paso da competición profesional.
Thiago e Rodrigo: do Val Miñor ao Mundial de Rusia
O medio do Bayern e o dianteiro do Valencia son dous dos representantes da canteira galega no Mundial xunto a Iago Aspas e Lucas Vázquez. Criados futbolisticamente en Nigrán, destacaron xuntos na base das seleccións galegas e comparten agora convocatoria na cita mundialista.
A veciñanza de Teo organízase contra a instalación dunha planta de reciclaxe de residuos
O grupo Toysal pretende un proxecto para o tratamento anual dunhas 90.000 toneladas de refugallos animais, xurros e lodos na antiga canteira de Casalonga, a 400 metros dun núcleo de poboación. O Concello amosa a súa "preocupación" e a cidadanía crea xa unha plataforma en contra.
A oposición á mina de cobre de Touro desbórdase na Arousa
O auditorio de Vilagarcía quedou pequeno nun acto que contou con representantes de todos os sectores produtivos, concellos e partidos. "É cuestión de defender un modelo socioprodutivo común a todos e sustentable; a Xunta debe pensar na Galicia real", explica a Plataforma en Defensa da Ría.
A Xunta "pecha" o conflito na Xustiza tras asinar un acordo con tres dos sete sindicatos
O Goberno galego anuncia que aplicará "xa" as melloras acordadas con tres das centrais, que representan menos do 50% do persoal. As que aínda se manteñen no comité de folga xa anunciaron que estudan impugnar o texto, que o Consello prevé ratificar este xoves.
Guadi Galego: "Estamos pasando por un dos momentos máis duros para a lingua galega"
ENTREVISTA | A artista cedeiresa presenta estes días o seu novo traballo, o punto final dunha triloxía que empezou coas 'Lúas de outubro e agosto', seguiu c'O mundo está parado' e remata coa 'Bóla de Cristal' na que intenta ver e cantarlle ao mundo que desexa no futuro.
Os prexuízos impulsados contra o galego acentuaron o seu acelerado retroceso
GRÁFICOS Feijóo presume de ser o salvador da lingua malia os numerosos informes e estatísticas que advirten do seu enorme devalo, sobre todo tras a aplicación do decreto do plurilingüismo e o fomento de ataques contra un idioma usado como ariete na batalla política. Velaquí os datos.
A Xunta convoca este martes a mesa sectorial da Xustiza para pór fin á folga
A Administración pretende poñer fin ao conflito pero prescinde do comité de folga como interlocutor malia as advertencias dos sindicatos. Todas as centrais están chamadas á xuntanza que pretende acabar cun conflito que dura máis de tres meses.
O flotel de Pemex abandona Galicia cun ronsel de promesas incumpridas
O buque encargado a Navantia pola petroleira mexicana partiu a pasada semana da ría de Ferrol tras máis dun ano fondeado e sen aínda comprador. Foi un dos dous únicos barcos construídos en Galicia ao abeiro dunha "alianza estratéxica" entre Xunta e México inzada de proxectos fracasados.
Ribera Salud ten un mes de prazo para mercar o Centro Gallego de Bos Aires e evitar a súa liquidación
Os socios da entidade rexeitan un novo aprazamento da asemblea e dan 30 días á intervención para que presente unha oferta formal e recupere a prestación sanitaria. A empresa española viaxará a vindeira semana a negociar unha operación dificultada pola crise económica que vive Arxentina.
A Radio Galega suprime o programa 'Diario Cultural'
Os contidos do emblemático espazo dirixido por Ana Romaní, que leva 28 anos en antena, diluiranse no resto da programación, segundo o avance da nova programación que a CRTVG fixo ao comité intercentros e que inclúe tamén a desaparición das desconexións informativas locais.