O Goberno central prevé reverter a reforma do 'voto emigrante' que minguou a participación pero acabou coa fraude
A nova secretaria de Estado de Migracións advirte do "clamor" para suprimir o voto rogado, que PSOE e PP levan tempo querendo eliminar tras pactar a súa implantación hai sete anos. O novo sistema elevou a abstención no exterior até o 98% pero engadiu garantías ao proceso electoral.
Todo o Parlamento insta o Estado a recuperar xa Meirás coa vía proposta pola comisión de expertos
Todos os partidos demandan ao novo Executivo de Pedro Sánchez que acelere a demanda civil recomendada no informe encargado pola Xunta. En Marea, BNG e PSdeG piden que a devolución non supoña gasto público ningún.
A demanda civil que propón a comisión para recuperar Meirás abre a porta a indemnizar os Franco
O informe aposta por que o Estado argumente que o Pazo foi espazo institucional durante máis de 30 anos e que por "forza de uso" ten que volver ao patrimonio público da Administración. Sada presentou un voto particular en contra da posibilidade de que a recuperación supoña un gasto público.
Un aluvión de informes negativos de técnicos da Xunta oponse á reapertura da mina de Touro
Varios documentos sectoriais da Administración galega advirten das afectacións, o impacto, as deficiencias ou a falta de concreción do polémico proxecto mineiro.
O Senado tramita a reforma que multiplicará a colectividade galega no exterior con familias de emigrantes
A Cámara Alta aprobou por unanimidade a toma en consideracion da proposta de Unidos Podemos, que busca "reparar situacións inxustas ou asimétricas" e ampliaría a nacionalidade española a descendentes que quedaron fóra por un baleiro legal
"As mareas foron un acerto, déronlle unha volta á política galega e xa son un referente"
ENTREVISTA | Enrique Santiago, secretario xeral do PCE, participou na festa que o PCG celebrou a pasada fin de semana en Ourense e fixo un repaso do panorama político galego e estatal. "O PSOE regaloulle dous anos de goberno ao PP; a maioría parlamentaria que botou a Rajoy xa existía", di.
Cinco sindicalistas declararán como investigados por presuntas coaccións na folga da Xustiza
Delegados de CUT, STAJ e CIG, os tres sindicatos que non asinaron nin o acordo nin o preacordo coa Xunta, están sendo investigados nun proceso aberto pola Fiscalía de Pontevedra e un xulgado na Coruña. Os afectados acusan a Xunta de "persecución e represión sindical" e sinalan a Rueda.
A cúpula da TVG retruca con desconcerto á dimisión dos presentadores do Telexornal
A CRTVG declina ofrecer unha versión oficial, pero extraoficialmente asegura que a dirección de informativos decidira xa prescindir de Hermida e Moyano tras o verán por "baixa audiencia". A oposición sinala a Feijóo pola "manipulación informativo" e o "uso perverso" dos medios públicos.
Dimiten os presentadores do Telexornal Serán en protesta polo control informativo na TVG
Alfonso Hermida e Tati Moyano presentan a súa dimisión por "discrepancias coa liña informativa" e no medio das protestas do persoal contra a "manipulación informativa" e pola creación do Consello de Informativos. Deixarán o espazo no vindeiro outono.
O alcalde de Sada pide por carta a Pedro Sánchez que active xa a recuperación de Meirás
O rexedor reclámalle que "no actual marco aberto" polo Goberno central para modificar ou aplicar a Lei de Memoria Histórica no Valle de los Caídos se inclúa tamén a recuperación de Meirás. Lémbralle que é "urxente" modificar a lexislación para evitar a apoloxía franquista e pide que actúe xa.
Un terzo da mocidade nacida nos 90 non ten na familia ningún referente lingüístico en galego
Un informe da RAG advirte de que "a familia como medio de reprodución da lingua está perdendo presenza" na denominada xeración Z, que fala cada vez menos en galego pero ten unha mellor percepción social do idioma propio.
Alerta veciñal ante o risco contaminante de tres proxectos industriais que arrodean Santiago
O Concello de Santiago recoñece "máxima preocupación" por iniciativas como a polémica megamina prevista en Touro, a só 15 km do centro urbano, unha das tres que rodea a cidade a pouca distancia, xunto co vertedoiro de Grixoa e a planta de reciclaxe impulsada en Calo (Teo).