A derruba n'O Marisquiño ergue a liorta política entre Xunta, Porto e Concello tras causar 428 feridos
O Goberno galego di que o "relevante" non é a titularidade da zona senón saber se o evento podía celebrarse. "Probablemente, o Concello non tiña que ter dado a licenza", di o vicepresidente Rueda. Caballero insiste en que o peirao afundido e a súa supervisión dependen da Autoridade Portuaria. A Xustiza investiga un presunto delito de lesións imprudentes.
Case 15.000 mulleres incorpóranse ao mercado laboral e compensan as anteriores subas do paro feminino
A ocupación feminina aumentou en 14.700 persoas respecto ao trimestre pasado e case o dobre que a masculina nun ano, segundo os datos da EPA. Mentres se destrúe emprego na industria e no sector primario, o sector servizos crea 28.800 postos de traballo entre marzo e xuño.
A CRTVG apercibe a xornalista que dimitiu do Telexornal tras participar nunha gala benéfica
A Corporación aclara que abriu "un proceso informativo" a Beatriz Moyano por un "posible incumprimento" da norma que impide usar medios da CRTVG para actos alleos á compañía. A maioría de presentadores da TVG apoiouna cun escrito e pediu á empresa un protocolo claro de actuación
25 olladas a Galicia para o Día Nacional
Praza.gal pediu a 25 persoas de diversos ámbitos que dedicasen un intre a definir o país, a súa visión do Día Nacional ou as súas aspiracións para a Galicia do futuro. Vinte e cinco visións para o Día Nacional.
Anik Nandi: "Ségueme alucinando que a xente mercase o discurso da imposición do galego"
ENTREVISTA | O sociolingüista bengalí Anik Nandi, ex-alumno dos cursos Galego sen fronteiras, volveu como conferenciante para falar do estudo que desenvolveu sobre a transmisión interxeracional da lingua galega.
O ensino do portugués chega en Extremadura a seis veces máis alumnado ca en Galicia
A Junta aposta forte pola lingua portuguesa, que estudan 19.000 persoas naquela autonomía fronte ás 3.200 en Galicia, malia a aprobación da Lei Paz Andrade. O número de estudantes baixou no país no último curso mentres aumentou nun 80% en apenas catro anos na comunidade estremeña.
A busca do 'Inverno', labrego do Incio asasinado polos falanxistas hai 82 anos
A ARMH traballa desde o luns en Saa (A Pobra do Brollón) para recuperar os restos de Jesús Casas, campesiño torturado e asasinado polo fascismo, cuxa represión cebouse tamén na súa familia. Os testemuños da veciñanza que aínda lembra aquel episodio serán claves nuns labores "complicados".
Obras postas en dúbida pola Xunta causan desprendementos sobre unha praia de Oleiros
O Concello recoñece o "risco" e asegura ter advertido do problema a Costas, que negou a existencia dunhas obras sobre dominio público que si certificou a APLU nun informe. A veciña que vive sobre o cantil afectado culpa dos derrubes ás obras do veciño e ao Estado por permitilas.
Persoal de CRTVG e RTVE únese "contra a manipulación" e pola "despolitización" dos medios públicos
Traballadores das dúas corporacións protestan conxuntamente no sexto venres negro en Galicia. A xornada coincide co anuncio do pacto entre PSOE e Podemos para que Andrés Gil sexa novo presidente da RTVE, un acordo entre partidos que molesta aos profesionais: "Non entenderon nada".
A patronal da comarca de Arzúa ameaza con levar aos tribunais a críticos coa mina de Touro
Enviou cartas a varias persoas por comentarios en Facebook tras a admisión de Cobre San Rafael como membro da asociación de empresarios. Un dos destinatarios é concelleiro no Pino e lamenta que "intenten restrinxir a liberdade de expresión". A entidade di que só intenta "que rectifiquen"
A fin das marcas Fenosa e Pastor dilúe o derradeiro vestixio galego do imperio empresarial de Barrié
Gas Natural Fenosa cambia a súa denominación a Naturgy e a entidade bancaria perderá a marca galega no vindeiro verán tras a absorción do Popular por parte do Santander.
O xuíz pecha a instrución do caso Jimmy sen identificar ningún culpable
O asasinato, máis preto da impunidade tras declarar o maxistrado "concluso" e "sen procesameno" o sumario ao non poder sinalar os autores da morte malia as declaracións de testemuñas e as probas achegadas pola policía. A Audiencia Provincial de Madrid decidirá agora se o proceso continúa.