As protestas por falta de profesorado e masificación espállanse por varios centros no inicio do curso
Ao peche e folga que se mantén no IES de Brión engádense mobilizacións semellantes en colexios de Santa Comba, Ordes, Santiso ou Roxos. As queixas pola escaseza de docentes e o exceso de alumnado nas aulas son comúns
Sargadelos: unha icona de Galicia que teima na convulsión
ANÁLISE O conflito laboral derivado do enfrontamento que o conselleiro delegado mantén cunha sindicalista é o último dos atrancos dunha empresa emblemática que acumula despedimentos, ameaza co peche e segue a afrontar obstáculos tras superar unha grave crise
- Con vídeo
- Cultura
'Tecido Resistente': o empoderamento feminino no rural galego a comezos do século XX
Centos de mulleres mudaron a economía e a organización social de toda unha comarca nos comezos do século pasado. Traballando nunha factoría téxtil de Vilasantar mantiñan a familia co seu salario e acadaron unha independencia nada habitual daquela. Un documental conta a súa historia.
Familias péchanse no IES de Brión para esixiren máis profesorado e "un ensino decente"
Nais e pais manteñen un peche no centro denunciando a escaseza de docentes, razón pola que xa dimitiu o equipo directivo. O centro conta con 31 alumnos máis que o curso pasado e solicitou dez profesores pero Educación tan só lle facilitou sete.
Galicia inicia o curso en Infantil con 3.000 alumnos e case cen centros menos que hai dez anos
O alumnado de Infantil matriculado en 2018 baixou en 2.941 nenas e nenos a respecto de hai unha década. Tamén hai un total de 93 colexios menos para o ensino dos máis pequenos
Sargadelos e UGT rachan as negociacións: os despedimentos e a ameaza de peche continúan
Malia o intento de mediación da Xunta, as conversas finalizan sen acordo. A dirección da compañía segue a despedir traballadores e insiste na posibilidade de pechar a factoría de Cervo. A Xustiza rexeita a petición de UGT de paralizar os despidos.
O resultado das eleccións no Centro Gallego de Bos Aires dá vía libre á venda "urxente" da súa sede
A agrupación A Terra, que avoga por pechar canto antes a negociación con Ribera Salud para vender o edificio, vence nos comicios co 67% dos votos. O xornalista Ramón Suárez será o novo presidente da histórica entidade da emigración galega.
O Burela Fútbol Sala ultima o convenio colectivo das xogadoras con axudas á conciliación e á crianza
O club burelao aplicará esta tempada un pioneiro convenio colectivo ás súas xogadoras, "un paso máis" no seu traballo a prol da igualdade. O texto incluirá varias medidas que favorecen a conciliación e que se estenderán até que os fillos teñan 5 anos. "É de sentido común", din na entidade.
Cinco claves para entender as eleccións no Centro Gallego de Bos Aires e por que está á venda
A histórica entidade da emigración galega na Arxentina celebra novos comicios na busca de solucións á fonda crise que conduce case irremediablemente á venda do edificio para manter a institución, a asistencia sanitaria aos socios e o seu importante patrimonio cultural
Os señores das caixas galegas: de intocables a repudiados entre causas xudiciais
Desde que en xaneiro de 2017 parte da antiga cúpula das entidades galegas fora enviada a prisión, non deixan de agromar casos nos tribunais que ratifican as moreas de operacións irregulares e ruinosas que levaron a cabo Caixa Galicia e Caixanova
"Nin España nin Galicia defenderon nunca o patrimonio cultural do Centro Gallego de Bos Aires"
ENTREVISTA | Ramón Suárez converterase o vindeiro 10 de setembro no novo presidente da histórica institución da emigración, que afronta a venda do seu histórico edificio a Ribera Saludo como "única vía de salvación" ante a importante débeda que acumula desde hai anos
O Centro Gallego de Bos Aires cambia de presidente e ratificará a venda "urxente" da súa sede
A entidade celebra eleccións o vindeiro 10 de setembro cun único candidato á presidencia, o xornalista Ramón Suárez, que acelerará as negociacións para que Ribera Salud se faga co hospital como "única solución posible" para cancelar a débeda e salvar a atención dos socios e o patrimonio cultural