Alcoa anuncia o peche da súa fábrica na Coruña, con 400 traballadores
A multinacional anuncia a fin da planta coruñesa e da de Avilés, que xustifica pola "menor capacidade de produción das plantas, unha tecnoloxía menos eficiente e elevados custos fixos", ademais de pola "sobrecapacidade de produción de China"
- O Estado aprobou a rebaixa da tarifa eléctrica para a industria vasca tras o visto e prace de Bruxelas
- Beneficios millonarios tras a privatización de Aznar en 1998
- 2012 | Persoal de Alcoa reivindican os seus traballos cunha doazón masiva de sangue
- 2014 | Alcoa anula os despidos e manterá a planta da Coruña
A Xunta premia o IES Brión por un proxecto de robótica tras deixar o centro sen docentes para impartila
O alumnado galardoado polo deseño e fabricación dun robot pretendía ampliar os seus coñecementos nunha disciplina específica, eliminada este curso pola escaseza de docentes. A mobilización do centro conseguira recuperar o reforzo na ESO pero non varias das optativas.
Os Franco especulan coa sétima parte das esculturas do Mestre Mateo para atrancar a devolución a Santiago
Os netos do ditador, tras alegar nun principio que non aceptaran aínda a herdanza familiar, adían agora o proceso xudicial advertindo de que un deles incluíu as estatuas na venda que da súa parte fixo á súa propia inmobiliaria. O Concello acúsaos de usar unha "estratexia dilatoria".
Un ano dos incendios que mudaron a forma de mirar o lume
Máis de 350 focos arrasaron nunha fin de semana 50.000 hectáreas e catro vidas e puxeron en evidencia a deficiente xestión do monte, a incapacidade do sistema de extinción e a incidencia do cambio climático ante uns fogos máis feroces, virulentos e imprevisibles
- ENTREVISTA | Juan González, alcalde de Nigrán: "Estes incendios déronnos a desgraciada oportunidade de cambiar o modelo forestal”
- HEMEROTECA | (16/10/2017) A eterna espera de Nigrán pola Xunta e a chuvia
- HEMEROTECA | (19/10/2017) Un bombeiro na 'zona cero' de Nigrán: "En 2006 nós íamos ao lume, aquí o lume viña a nós"
A sombra da "explotación laboral" en Proxecto Home atranca un emblema da loita contra a droga
Traballadoras da entidade denuncian ante Inspección de Traballo e os xulgados a rebaixa das condicións laborais advirten de represalias que inclúen peche de centros, destitucións e o veto ao envío de novos usuarios ás súas sedes. A Fundación di que todo é "absolutamente falso".
A metade das enfermidades mentais presentan síntomas antes dos 14 anos
O Día Mundial da Saúde Mental centra as súas reivindicacións na necesidade da prevención e dunha educación inclusiva entre a mocidade para abordar a tempo e con eficacia estas doenzas, que afectan entre o 10 e o 20% das persoas novas.
A Fiscalía investiga se a Xunta permitiu que unha canteira destruíse un castro protexido
Unha canteira denunciada durante anos acabou cun importante xacemento entre Mondoñedo e Lourenzá. O Servizo de Patrimonio de Lugo instou a "excluílo" das áreas protexidas argumentando a súa inexistencia malia a morea de informes que certificaban a súa importancia e deterioro
"As tarxetas Black eran a normalidade; todo o Ibex-35 as tiña"
ENTREVISTA | O galego Sergio Salgado é un dos membros de Xnet e 15MpaRato, asociacións cidadás que impulsaron o caso Bankia e desvelaron o caso das tarxetas Black, que rematou coa condena de 4 anos e medio de cárcere a Rodrigo Rago, ratificada hai uns días polo Supremo
Google veta os anuncios de eventos en galego
A multinacional rexeitou unha campaña publicitaria do certame Cantos na Maré por estar en galego e redirixir a unha web na mesma lingua. O festival asegura que o xigante da Internet "establece un campo vedado para o idioma dun país enteiro" e denuncia o seu "desprezo" á lingua
O 061 culpa a peritaxe da policía do exceso de peso nas súas ambulancias
Un informe pericial constatou numerosas eivas de seguridade nas ambulancias, con sobrepesos en UVI móbiles de até 800 quilos. O Sergas asegura agora que na avaliación encargada polas forzas de seguridade "non se aplicaron os mesmos criterios para a pesaxe uniforme dos vehículos"
As protestas por falta de profesorado continúan: paro e mobilización en Vilar de Barrio
Familias e alumnado concéntranse ás portas do CEIP para reclamar un docente máis. Advirten de que non poden contar con profesorado de apoio e que varios cursos se agrupan nunha aula en caso da baixa dun mestre: "Así non se pode manter a calidade educativa".
O Estado encarga un informe á súa asesoría xurídica na busca da fórmula para recuperar Meirás
O Goberno central confirma que encargou un estudo para abordar "todos os aspectos xurídicos" da posible reversión ao público do Pazo tras a reclamación unánime do Parlamento galego e chama a "avanzar paso a paso, desde o rigor, coa máxima cautela e todas as garantías"