A Xunta non revisou varios elementos de seguridade das ambulancias e helicópteros sanitarios cando os adxudicou
Un tribunal administrativo frea o contrato das aeronaves do 061 porque non comprobou previamente se os pilotos tiñan a titulación requirida, ao tempo que unha investigación policial revelou que UVI móbiles circularon durante meses con sobrepeso
O emprego cae tres veces e media máis do que sobe o paro en setembro
O número de persoas apuntadas nas listas das oficinas de emprego en Galicia medra en 1.896 ao tempo que o número de cotizantes descende en 6.500. O paro rexistrado descende en todos os sectores pero aumenta en máis de 2.200 nos servizos
A candidatura de Bescansa descoloca Podemos Galicia e reaviva temores internos
A deputada compostelá confirma que concorre ás primarias da formación en Galicia fronte a Gómez-Reino e pide "neutralidade" á dirección estatal. Membros do partido acollen con sorpresa o seu paso, que temen que reabra debates "xa pechados" como o da confluencia ou o da cuestión nacional
A anulación do permiso ambiental á mineira de Touro en Riotinto lastra o seu plan en Galicia
A Xustiza anula a autorización en Huelva de Atalaya Mining por ocultar información clave durante a concesión. A empresa di que o proceso en Galicia "vai con moi bo progreso" pero Ecologistas en Acción, entidade demandante, advirte da "situación financeira moi delicada" da firma.
A Coruña celebra o 35º aniversario dun Centro de Planificación Familiar "pioneiro e reivindicativo"
O COF e o Concello programan moreas de actividades ata decembro para reivindicar o labor na atención á saúde afectivo-sexual dun espazo que mantén o espírito "de loita, innovador e feminista" que marcou a súa creación. Falamos con María Xesús Díaz, psicóloga clínica da entidade.
O IES de Brión no que protestan as familias ten o mesmo profesorado que hai dez anos con 180 alumnos máis
O peche e as mobilizacións pola escaseza de docentes cumpren xa doce días á espera dunha nova reunión coa Inspección Educativa e tras outra negativa da Xunta a incrementar o persoal. As protestas continúan noutros centros escolares galegos.
As visitas a Meirás manteñen a apoloxía do fascismo e cargan contra a exhumación de Franco
O guía dun dos últimos itinerarios no Pazo insistiu en dar unha visión edulcorada e enxalzadora de Franco e do franquismo. Un enorme cartel volve recibir os visitantes denunciando o "xenocidio dos católicos" e cargando contra quen pretende exhumar a Franco do Valle de los Caídos
A especulación dos Franco con Meirás farta de vez os partidos galegos
O BNG impulsa unha declaración institucional que reafirme a postura do Parlamento para recuperar as Torres e que volva urxir o Estado a activar o proceso de recuperación. O PSdeG pide que se lle dea tempo a Sánchez e cre que esta nova proposta "non é a vía máis adecuada". O PP cualifica de "incomprensible e irracional" a actitude dos herdeiros do ditador.
De lugar para o gando a albergue: Mazaricos impulsa novos usos para cortes e pendellos
O Concello, ante os prexuízos que o 'catastrazo' supón no rural, propón unha modificación da normativa urbanística para darlle unha nova vida a alboios ou construcións de antigo uso agrogandeiro: "Queremos darlle facilidades a calquera emprendedor que queira montar unha actividade".
As reviravoltas de PP e PSOE coa débeda do Porto da Coruña
ANÁLISE Os socialistas votan no Congreso, como fixeran no pleno municipal, en contra de reclamar a condonación da débeda da Autoridade Portuaria co Estado e logo de facelo a favor no Parlamento e na Deputación. Os populares únense á postura de Marea e BNG tras anos rexeitando as súas propostas.
A folga pola falta de docentes baleira de alumnado o IES de Brión
A mobilización nas aulas do instituto cumpre unha semana cun apoio do 97% das familias ao paro. En Santiso, Santa Comba, Ordes, Roxos ou Allariz mantéñense tamén protestas polos recortes na educación.
Máis de 550 profesionais da CRTVG piden o arquivo do expediente á xornalista que dimitiu do Telexornal
Traballadores presentan 562 sinaturas reclamando ao director xeral o peche "inmediato" do apercibimento sancionador aberto a Tati Moyano, á que a empresa acusa de usar medios da TVG para a presentación dun acto benéfico no que defendeu os medios públicos ante Feijóo.