Unha marcha obreira clama contra o peche de Alcoa na Coruña
Persoal da factoría, acompañado por familiares e cidadanía, camiña desde a planta até a Delegación de Goberno reclamando unha "tarifa elécrica competitiva" e alternativas ao feche. Outra manifestación na Mariña pediu medidas para asegurar a supervivencia de todas as fábricas
O TSXG rexeita outro recurso de Edgewater e reitera a fin do proxecto mineiro de Corcoesto
O tribunal declara conformes a Dereito as resolucións da Xunta que cancelaron a iniciativa megamineira ante as intencións da multinacional de que se declarase aprobada por silencio administrativo e confirma a súa insuficiente acreditación de solvencia técnica e económica.
Gómez-Reino liderará Podemos Galicia tras impoñerse a Bescansa nas primarias
O actual portavoz de En Marea no Congreso imponse co 55% dos votos nun proceso no que participaron 3.169 persoas, cifra semellante á da anterior votación para elixir executiva. O triunfo do deputado era a opción preferida no espazo de confluencia autonómico e nas candidaturas municipalistas.
O Parlamento Europeo reclama a ilegalización da Fundación Francisco Franco
A Eurocámara pide a prohibición de grupos e organizacións neofascistas e de "calquera outra fundación ou asociación que exalte e glorifique o nazismo e o fascismo". O texto defende a exhumación de Franco e repara en casos como a denuncia imposta aos activistas que ocuparon Meirás.
A Xunta teima en culpar o Goberno central do anuncio de peche de Alcoa
O conselleiro de Economía, Francisco Conde, responsabiliza o Executivo de Sánchez dunha situación que se "vía vir" na súa comparecencia no Parlamento, que pide por unanimidade a retirada do ERE de extinción. Javier Losada asegura que varias empresas teñen interese en comprar a planta
Alcoa: a loita "urxente e inmediata" por un problema "de fondo"
REPORTAXE | O persoal da planta da multinacional na Coruña mantén os azos e a unión ante a ameaza de peche. O comité de empresa advirte da necesidade inmediata de evitar a perda de 369 empregos, pero tamén na de afondar nas eivas dun sistema enerxético que lastra unha industria punteira
- A Xunta teima en culpar o Goberno central das intencións da empresa
- A multinacional obvia os gobernos e os traballadores e mantén o peche
O Supremo "reprocha" o desleixo da Xunta no concurso eólico de 2010 e ratifica a súa ilegalidade
O alto tribunal entende que toda a valoración no proceso estivo mal feito, pero que a anulación só debe aplicarse á zona que afectaba á empresa que recorreu ante o TSXG. A sentenza advirte da "inaplicación" por parte da Administración dun baremo e do "desistimento na súa función valorativa"
Colectivos pola defensa medioambiental da comarca de Compostela únense nunha Rede
A Rede de Plataformas Compostela-Ulla-Tambre xunta asociacións contra a mina de Touro, os vertedoiros de Miramontes ou Lesta, a planta da Casalonga ou o megaparque eólico de Ordes. Reclama a modificacion da lei para ampliar o prazo para alegar a proxectos deste tipo no rural.
"Se lidero Podemos Galicia, farei un chamado para implicarse activamente na unidade popular"
ENTREVISTA | O deputado e portavoz de En Marea, Antón Gómez-Reino, aspira a liderar e fortalecer un partido no que notaba un "distanciamento" tanto por parte dos inscritos como da sociedade. "A xente percibiu que as cousas non se estaban a facer ben", di.
"Somos máis útiles liderando Podemos Galicia cun escano no Congreso que sen el"
ENTREVISTA | Carolina Bescansa, deputada compostelá no Congreso, evita polémicas tras as críticas de Pablo Iglesias e centra o seu discurso das primarias na necesidade de impulsar un cambio político en Galicia e en darlle á política "unha ollada feminista".
Gómez-Reino e Bescansa: Podemos elixe o seu camiño en Galicia
ENTREVISTAS A militancia de Podemos Galicia elixe até o mércores un novo liderado: ou o portavoz de En Marea no Congreso, apoiado pola dirección estatal e enfrontado á dirección galega saínte, ou a deputada compostelá, apoiada pola dirección galega saínte e enfrontada á dirección estatal.
Alcoa facturou 3.000 millóns de euros no terceiro trimestre, un 15% máis que hai un ano
A multinacional anuncia que perdeu 35,6 millóns entre xullo e setembro, pero o beneficio neto supera os 100. O xigante do aluminio recibiu uns 1.000 millóns de euros en axudas na última década para abaratar os custos enerxéticos e xa van máis de 130 no que vai de ano- Mobilización permanente na fábrica e manifestación este sábado contra o peche de Alcoa
- O Estado aprobou este mes esa rebaixa da tarifa eléctrica para a industria vasca
- Beneficios millonarios tras a privatización de Aznar en 1998