"A estratexia do Goberno do PP era dilatar o sector naval, desmantelar os estaleiros de Ferrolterra"
O alcalde, Jorge Suárez, cre que o freo á construción das fragatas para adaptalas aos mísiles da empresa de Morenés "pon de manifesto" a intención final de virar cara a un "modelo privado" e lembra, como o comité, que se "xogou dous anos" con miles de postos de traballo.
A Xustiza condena a Inditex por fraude na contratación e despidos improcedentes
O xuíz ditamina en cinco sentenzas a "improcedencia" dos despedimentos de traballadoras de Zara que denunciaron na provincia da Coruña tras seren cesadas despois de que a Inspección de Traballo obrigase a empresa a transformar 38 contratos eventuais en indefinidos
Todos os gobernos esixen a Alcoa que retire xa o ERE e o Estado ofrécelle incentivos antes de fin de ano
Xunta, Principado, Goberno central e os Concellos da Coruña e Avilés reclaman á multinacional a retirada do expediente e que sente a negociar alternativas. A ministra Maroto anuncia un paquete de medidas "transversais" para "dar seguridade xurídica á industria electrointensiva".
O persoal da CRTVG irá á folga contra o "desmantelamento" dos medios públicos
A asemblea de traballadores aprobou a proposta do comité intercentros para levar a cabo paros de dúas horas por quenda durante sete días e un de 24 horas o 19 de decembro, data na que tamén se celebrará unha manifestación
Paco Vázquez homenaxéase da man de Albert Rivera: "Son un crispador, e a moita honra"
O ex-alcalde da Coruña e o líder do Ciudadanos protagonizan un coloquio de gabanzas mutuas, con duras críticas ao PSOE e continuas referencias a Catalunya pero ningunha a Galicia. "Para manterse no poder, negóciase a propia idea de España", di o ex-embaixador no Vaticano.
A Fiscalía investiga xa un posible delito medioambiental na xestión do vertedoiro de Grixoa
Abre dilixencias previas ante presuntos incumprimentos moi graves da autorización ambiental no depósito da antiga canteira de Miramontes, no que a veciñanza leva anos denunciando a presenza de residuos prohibidos, falta de control ou o paso irregular de camións.
Iniciativas sociais polo ensino en galego estenden a 'semente' da inmersión lingüística
Semente mantén abertas cinco escolas infantís que garanten que o alumnado "creza en galego" e abre unha campaña de micromecenado para impulsar o seu segundo centro de Primaria. "É triste que teñamos que existir", asume, mentres a RAG advirte dos colexios como axentes "desgaleguizadores"
A crise deixa Galicia co mesmo paro que en 2008 pero cun 5,5% menos de emprego
O desemprego rexistrado alcanza niveis semellantes aos do inicio da recesión pero logo de destruírse 60.000 empregos e caer a poboación activa en 77.000 persoas.
A reforma do voto emigrante abre a porta a 450.000 sufraxios en Galicia sen control previo de identidade
O Goberno de Sánchez trasladou xa ao Congreso a súa proposta contra o voto rogado, que prevé que os inscritos no censo de residentes ausentes reciban a documentación e escriban o partido elixido nunha papeleta para logo enviala por correo ou votar con ela no consulado.
A Mesa alerta ao Consello de Europa que a Xunta segue a vulnerar os dereitos lingüísticos en Galicia
A entidade presenta o relatorio que presentará ante o organismo europeo, que xa emitira duros informes contra a política lingüística do Goberno de Núñez Feijóo por non impulsar a lingua propia.
O Estado negocia xa con investidores a compra da planta de Alcoa
A ministra de Industria, Reyes Maroto, asegura que xa se reuniu con "empresas interesadas" en facerse coas factorías da Coruña e de Avilés e cre que "haberá boas noticias nos vindeiros días".
Cambio climático e monte descoidado achegan Galicia aos "letais" incendios de sexta xeración
O Eixo Atlántico advirte nun informe do "grave problema" co lume do noroeste peninsular atlántico polo abadono rural, o combustible acumulado e o quecemento global. Advirte do "serio aviso" da vaga de outubro de 2017 e dos novos riscos e pide "evitar solucións superficiais".