Máis de 1.400 persoas votan por "abolir a monarquía" no campus universitario de Vigo
Case 1.600 participan no primeiro dos referendos convocados nas tres universidades galegas por estudantes que se uniron á iniciativa espallada por todo o Estado. Máis do 90% dos participantes aposta polo fin do réxime monárquico para "instaurar a República"
A cesión de Meirás a Franco: 80 anos desde que o Pazo caeu nas mans do ditador
IMAXES HISTÓRICAS | O 5 de decembro de 1938, o xeneral fascista aceptaba nun acto solemne o agasallo para cuxa compra se recolleron 'doazóns' entre a represión e o medo. O documento asinado é un dos eixos no que a Deputación basea o informe para reclamar a devolución das Torres
Galicia destrúe máis de 3.300 empregos en novembro
Nin o tirón do comercio nin a proximidade do Nadal frearon a importante caída nas afiliacións á Seguridade Social nun mes onde tamén subiu o paro, ao contrario que no conxunto do Estado. Os datos interanuais seguen a ser positivos, pero nun mercado laboral precario e temporal.
A folga nas urxencias do Clínico intensifícase cun peche de 24 horas
O persoal considera insuficiente a oferta de reforzo de persoal que ofrece a xerencia, que propón habiliar un espazo máis pero que só se abriría en caso de necesidade e para o que se contrataría persoal a maiores. Os médicos propoñen abrir outra negociación directamente con Sanidade.
"A batalla xurídica está perdida; o xuízo aos presos políticos cataláns é unha farsa montada polo Estado"
ENTREVISTA | Marcel Mauri é vicepresidente e portavoz de Òmnium Cultural, cuxo líder, Jordi Cuixart, leva máis dun ano en prisión provisional acusado de rebelión e sedición. Esta semana participou nun acto en Compostela sobre o risco no que se atopan os dereitos civís en España.
A CRTVG minimiza a folga e desbota a visión "negativa" dos medios públicos que trasladan as protestas
O director xeral da Corporación, Sánchez Izquierdo, nega a "manipulación" e o "desmantelamento" que denuncia boa parte do persoal e presume de investimentos, produción propia e audiencia nunha xornada na que coinciden os paros parciais e as reivindicacións do 28º venres negro.
Persoal da CRTVG recrúa a protesta ante a escasa resposta ás demandas e o "silencio" sobre a folga
O comité amosa o seu "malestar" polos nulos avances nas negociacións e prepara xa as mobilizacións do paro de 24 horas do día 19, coas que intentará "trasladarlle a Feijóo" as súas reivindicacións. CCOO envía unha carta á Corporación denunciando a "invisibilización" do sindicato.
Ambulancias, PAC, urxencias: a sanidade, "en pé de guerra" contra a falta de medios e persoal
Profesionais dos vehículos sanitarios, do Clínico de Santiago e dos puntos de atención continuada manteñen e recrúan as mobilizacións contra os recortes e a precariedade mentres o PP queda só na comisión de investigación sobre a situación sanitaria en Galicia tras vetar varias comparecencias
Celta e Deportivo, entre os clubs preferidos e coas afeccións máis leais
Os dous grandes galegos sitúanse entre os dez equipos preferidos para os afeccionados ao fútbol en España e entre os que teñen seareiros que amosan maior lealdade ás súas cores, segundo o estudo European Football Benchmark 2018.
Nova baixa na xerencia do CHUS: cae o responsable de Urxencias en plena folga
Antonio Álvarez é o cuarto membro da dirección do Clínico de Santiago que abandona o cargo nos últimos meses. O Sergas atribúe a súa marcha a "motivos persoais" pero o persoal vincúlao ás problemáticas da área sanitaria e á xestión da xerente, Eloína Nüñez.
O apoio á folga na CRTVG segue a ser masivo e a dirección xa ofrece aumentar a produción propia
O seguimento dos paros parciais mantense no 80%. A Corporación pasou de negarse a debater sobre contidos propios a ofrecer media hora máis diaria, aínda que rexeita tratar sobre o tipo de contidos e descarta tamén recuperar as desconexións locais ou o 'Diario Cultural' na radio.
BNG, ERC e EH-Bildu encarreiran un acordo para as eleccións europeas
As tres formacións independentistas negociarán esta semana en Galicia os detalles da coalición electoral logo de pechar xa un preacordo. Oriol Junqueras, que sería cabeza de lista, lidera a operación na que ERC vetou a Puigdemont e o PNV rexeitou a oferta da esquerda abertzale para unirse.