Apoio masivo á folga na CRTVG, que obrigou a mudar a programación habitual
Os sindicatos cifran nun 90% o seguimento dun paro que veu acompañado dunha concentración ante o Parlamento e unha manifestación por Compostela "contra o desmantelamento, a manipulación e a represión" nos medios públicos
O conflito na CRTVG deriva este mércores nunha folga de 24 horas
O persoal dos medios públicos está chamado a un paro xeral e a unha concentración diante do Parlamento á que seguirá unha manifestación polas rúas de Compostela "contra o desmantelamento, a manipulación e a represión"
Acordo histórico no deporte galego: Deportivo e Liceo unen as súas marcas
Nace o Deportivo Liceo. A entidade deportivista convértese en patrocinador do club de hóckey, a entidade máis laureada de Galicia, que mudará o seu nome e pasará a ter un uniforme branquiazul
- Entrevista
- Política
"Grupos de Galicia dinnos que as de Ialma somos bravas por dicir o que eles non poden"
Marisol Palomo é integrante do grupo Ialma e ex-presidenta do Centro Galego de Bruxelas, presionado pola Xunta para anular un festival de colectivos cataláns onde as cantareiras actuaron co rapeiro Valtònyc, o que lles valeu tamén as críticas do Goberno autonómico
Luz verde á construción en Ferrol das fragatas que o Goberno do PP adiara para encaixar os mísiles de Morenés
O Consello de Ministros autorizará este venres a adquisición dos buques que serán construídos en Navantia e cuxo encargo freou o Executivo de Rajoy para favorecer a empresa do ex-titular de Defensa. Suporán 7.000 empregos e un investimento de 4.325 millóns até 2032.
Máis de 8.100 persoas participan nos referendos sobre a monarquía nas universidades galegas
O 90% dos votantes opta por abolir o réxime monárquico e instaurar a República. Máis de 6.500 cidadáns, entre alumnado, persoal e profesorado, participaron nas consultas deste mércores na Coruña, Santiago, Ferrol e Ourense.
O Centro Galego de Bruxelas, fronte ás presións da Xunta: "Non somos o canciño de ninguén"
O presidente da entidade responde ás críticas de Feijóo e ás presións do Goberno galego para que anulase o festival de colectivos cataláns do pasado sábado e lembra que "non se pode prohibir a libre expresión das ideas"
Os colexios médicos apoian as dimisións nos centros de saúde de Vigo e instan a Xunta a actuar xa
O Consello Galego advirte de "serios problemas" tamén nos hospitais, que poden acabar en "conflitos semellantes" aos da Atención Primaria, onde lembran que levan anos reclamando mudanzas para "reverter a situación" de "sobrecarga", escaso financiamento ou mala xestión
Campus das tres universidades galegas celebran este mércores referendos sobre a monarquía
Os campus de Santiago, A Coruña, Ferrol e Ourense únense á vaga de consultas organizadas por todo o Estado, como a xa celebrada en Vigo con case 1.600 participantes. As urnas estarán habilitadas toda a xornada en varias facultades.
A denuncia contra a "manipulación partidista da Xunta" na CRTVG chegará ás portas do Parlamento
Persoal dos medios públicos galegos confirma que levarán as súas protestas á Cámara o vindeiro 19 de decembro, xornada na que hai convocada unha folga de 24 horas e unha manifestación polas rúas de Compostela contra "o desmantelamento e a represión".
Dimite unha vintena de xefes de centros de saúde de Vigo pola "deterioración sanitaria" no Sergas
O colectivo presenta a súa renuncia cunha dura carta onde denuncia unha situación "insostible" con "sobrecarga asistencial", listas de espera "inaceptables" ou "condicións de traballo deplorables" para os máis novos e advirten dos "recortes" que afectan o sistema sanitario desde 2012.
Persoal da CRTVG levará a protesta ao Parlamento na folga do 19 de decembro
Profesionais dos medios públicos intensifican as mobilizacións malia os avances nas negociacións coa xerencia. Levarán a cabo accións de protesta durante os vindeiros días e manifestaranse polas rúas de Santiago e ante a Cámara coincidindo co paro de 24 horas.