As protestas pola "deterioración sanitaria" intensifícanse e espállanse por toda Galicia
A outra masiva manifestación en Vigo contra os "recortes" únense mobilizacións de profesionais en centros de saúde, hospitais e PAC de toda Galicia
O leite indica por fin a orixe no envase mentres o prezo en Galicia segue entre os menores da UE
O novo etiquetado dos produtos lácteos obriga a mostrar a procedencia do leite, aínda que non aclare sempre o Estado produtor nin esixa determinar se é galego. O importe pagado aos gandeiros en Galicia mantense como o menor do Estado mentres se pechan 40 granxas ao mes.
- Bruxelas | Enviado especial
- Política
A UE eríxese (outra vez) como a esperanza real para o saneamento das rías galegas
O BNG trasladará á Comisión de Medio Ambiente novos datos sobre a contaminación nas rías de Vigo e do Burgo tras a reapertura do expediente na Eurocámara. Os colectivos en defensa desas áreas cualifican de “insulto” que eurodeputados galegos dubidasen dos seus datos sobre a polución
- Bruxelas | Enviado especial
- Política
A Eurocámara reabre o expediente da contaminación das rías galegas e reprocha a falta de datos "fiables" sobre a situación
“Non se pode pechar ningunha destas peticións, hai que mantelas abertas até que contemos con explicacións fiables e actualizacións sobre a situación”, defende a presidenta da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo tras escoitar a delegación galega convidada pola eurodeputada do BNG
A térmica de Meirama pecha tras 40 anos como símbolo de loita, industria e contaminación
Naturgy anuncia a fin da central de carbón ubicada en Cerceda, impulsada ao abeiro da mina que asolou As Encrobas e provocou a súa icónica revolta, polo industrial de toda unha comarca e unha das principais emisoras de gases de invernadoiro en Galicia.
'Precarias pola Atención Primaria': a resposta ao novo contrato do Sergas para eventuais organízase
O novo modelo de contratación que pretende dar estabilidade aos médicos sen praza é asinado polo Sergas e catro sindicatos, pero rexeitado por CIG, CCOO e un novo colectivo de persoal afectado, que suma case 400 apoios e prepara xa mobilizacións. "Non seremos escravos", din.
- Documentos Pola sanidade pública
- Acontece Santiago
Os correos que avisaron do colapso en Urxencias: "Compartiremos responsabilidades se alguén falece"
A doutora que levou á Fiscalía as dúas mortes no Clínico de Santiago avisou tres veces durante aquela xornada da "situación moi preocupante" polo colapso e pediu "tomar medidas". "Non se fixo nada do solicitado", queixábase nos 'mails' aos que tivo acceso Praza.
O persoal das Urxencias do CHUS mantén a folga tras rexeitar a proposta da xerencia
Máis do 90% dos profesionais que participaron na consulta votan en contra da última oferta do Sergas e manteñen as mobilizacións esixindo máis medios. A médica que levou á Fiscalía a morte de dúas persoas ratifícase na súa denuncia ante as duras críticas da Xunta.
Unha marcha clama contra o peche de Alcoa e pide ao Estado "valentía" e "un paso á fronte"
Unhas 3.500 persoas maniféstanse contra as intencións da multinacional. Os traballadores piden a Pedro Sánchez que deixe "o postureo" e actúe xa, coa intervención ou a busca dun investidor, a só úns días de cumprirse o prazo que deu a empresa para aceptar a súa última oferta.
- Reportaxe
- Acontece
Unha viaxe no tren do norte: a lenta agonía doutra ocasión estragada
Percorremos o norte de Galicia en trens da liña FEVE que une Ferrol e Ribadeo, entre queixas e lamentos de usuarios e profesionais e a lástima por un servizo con tanto potencial como abandono, eivas e atrancos.
"O Sergas mente; a situación nas Urxencias do Clínico é terrible, angustiosa"
Fátima Nercellas, delegada de persoal que levou á Fiscalía a morte de dous pacientes que agardaron de máis nos corredores, explica o "estrés" que os profesionais sofren e denuncia o desleixo do Sergas e a Xunta ante as demandas de melloras asistenciais.
A Fiscalía investiga outras dúas mortes nas Urxencias do Clínico de Santiago
A doutora Fátima Nercellas revela na comisión organizada pola oposición no Parlamento sobre a sanidade o traslado á Fiscalía destes dous falecementos, acontecidos en pleno colapso do servizo do pasado 2 de xaneiro. O persoal enviou ata "tres alertas" do que estaba a pasar, afirma. O Sergas nega "rotundamente" que doentes falecesen nos corredores.