Persoal da TVG revela "represalias" á xornalista que denunciou o boicot da canle á folga do 8M
O comité di que Marga Pazos foi "apartada" das tarefas de redactora por participar nas mobilizacións pola defensa dos medios públicos, pola súa defensa da lingua e por declarar contra a empresa no xuízo que condenou a TVG pola vulneración do dereito ao paro feminista
O persoal de Urxencias do Clínico de Santiago mantén a folga tras rexeitar por estreita marxe outra proposta da xerencia
O 52% dos profesionais que participaron na consulta rexeitaron a proposta nunha consulta na que participaron o 67% dos traballadores, que manterán o paro indefinido que cumpre xa trece semanas.
Galicia comeza o ano con 10.000 contratos máis e 14.000 empregos menos
O paro rexistrado sobe en 5.500 persoas durante xaneiro, lastrado polo sector servizos. Malia sumarse 10.000 contratacións máis, o número de cotizantes descende en 13.737 respecto ao mes anterior.
O PP de Moaña súmase á protesta contra a "política sanitaria de recortes da Xunta"
O grupo municipal do Partido Popular apoia unha moción da Mesa Local de Sanidade que rexeita a “política de recortes e desmantelamento da sanidade pública" e que acusa os populares de "ocasionar graves deficiencias no dereito á atención sanitaria"
O persoal do Clínico vota o martes se segue a folga que os médicos xa decidiron manter
O paro convocado polo sindicato médico O'Mega continúa tras rexeitaren os profesionais a última proposta da xerencia, sobre a que decidirán todos os traballadores nunha consulta a vindeira semana
Os Franco teiman sen papeis en que as esculturas espoliadas en Santiago son súas
O avogado da familia do ditador di que os herdeiros son "lexítimos propietarios" das figuras de Abraham e Isaac sen achegar proba ningunha que o acredite durante o xuízo no que o Concello de Santiago as reclama. O Consistorio aporta documentación da adquisición das estatuas e confía en que a sentenza "xere precedente" para recuperar o patrimonio espoliado polo franquismo.
A ONU avalía por primeira vez en Galicia a discriminación do galego
O relator para as minorías da Oficina do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos recolle as vulneracións dos dereitos lingüísticos e advirte nun informe preliminar dos atrancos para a lingua propia. As Nacións Unidas tomarán posición sobre o idioma galego por primeira vez en 65 anos co documento final que será presentado en 2020.
As deficiencias na pediatría "estoupan" no norte: falta de médicos, longas viaxes e remendos "voluntarios"
A veciñanza e os alcaldes de varias localidades de Ferrolterra, Ortegal e A Mariña mobilízanse polas eivas na atención pediátrica, que deixan centos de nenos sen atención especializada ou obrigan as familias a desprazarse decenas de quilómetros para seren atendidas
- Gráficos
- Economía
Galicia ten 110.000 empregos menos que antes da crise malia crear 32.000 nun ano
A ocupación sitúase aínda en niveis de 2011 pese á recuperación que amosa a EPA. O paro baixou en 33.200 persoas no último ano pero son 21.200 máis que hai unha década, período no que o mercado laboral galego perdeu máis de 87.000 activos.
Curtis, paradigma das eivas da sanidade no rural galego
Profesionais, veciñanza e alcaldes -tamén do PP- da área que abrangue o PAC de Teixeiro reclaman máis persoal nunha zona que reúne todas as eivas que a atención sanitaria se atopa en poboacións dispersas, envellecidas, con complicada orografía e afastadas de grandes hospitais
Persoal da CRTVG cumpre oito meses de loito contra o "desmantelamento" e a "manipulación"
Os profesionais mobilizados dos medios públicos celebran o 36º venres negro lembrando as súas reivindicacións e reclamando que se cumpra de vez coa Lei de Medios aprobada hai máis de sete anos.
A xerencia do Hospital Clínico de Santiago prohibe as gravacións e requisa pancartas nas Urxencias
A dirección ordena reter persoas que querían denunciar outra nova situación de colapso e manda retirar carteis alusivos á folga para "velar pola intimidade e respecto dos doentes" e "por cuestións de asepsia e limpeza".