Os traballadores sociais tamén rexeitan o borrador do Sergas por ser só “un intento de desmobilización"
O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia considera o borrador un texto “superficial, inconcreto e lesivo para as persoas usuarias” e cre que "non afonda nun reforzamento real da Atención Primaria senón que é máis ben unha cuestión de maquillaxe”
O Estado non ve en risco o patrimonio do Centro Gallego de Bos Aires malia os avisos dos emigrantes
O Goberno central di nunha resposta parlamentaria a En Marea que "non ten sinal ningún" de que "corra algún perigo" malia que os asociados advirten da posibilidade de quebra e da perda do legado. O Executivo tampouco albisca problemas coa asistencia sanitaria dos socios.
- Documentos Pola sanidade pública
- Acontece
O Plan do Sergas para "desburocratizar" a Atención Primaria baséase en cumprir dúas ordes do bipartito
No documento, xa rexeitado polos colectivos médicos, Sanidade propón cumprir unha instrución de 2009 que xa advertía da "sobrecarga de traballo non asistencial" e da "ocupación do tempo necesario para outras tarefas”. Outra de 2007 formulaba determinar que burocracia delegada a Primaria sería responsabilidade da Especializada
Té con Gotas: a ollada galega do Reino Unido e da nova emigración
Miguel Rodríguez e Duarte Romero dirixen desde Londres un podcast de ideas, debate e análise da realidade británica con achegas e entrevistas de galegos e galegas emigrados. "Hai xunha xeración moi talentosa, formada en Galiza, e que está a crear valor e riqueza aquí”, destacan.
- Entrevista | Carlos Babío Memoria antifranquista
- Política
"Non conciliarei nada cos Franco; que me demanden e demostrarei que viven na absoluta impunidade"
Un dos principais investigadores sobre o espolio co Pazo de Meirás foi demandado por inxurias polos herdeiros do ditador, que propoñen un acto de conciliación previo ao que o historiador non acudirá. "É unha denuncia contra todo o que se atreva a cuestionar o franquismo", di.
O TSXG anula a orde da CRTVG aos seus redactores para que tamén editasen vídeo
O tribunal anula a decisión unilateral pola que a redacción asumía tamén o labor de edición básica ao "ser unha modificación substancial das súas condicións de traballo" e ir contra o Estatuto dos Traballadores. Defende A Galega pide a marcha do director xeral no 40º venres negro
O plan do Sergas para a Atención Primaria non evita o malestar profesional e "referenda" a posible folga
O Sergas ve no borrador de mellora presentado este mércores unha "base sólida" que profesionais e colectivos médicos consideran "inconcreto" e unha "manobra de distracción" para "dividir o movemento de rebeldía" entre o persoal
O hospital da Coruña bate outra marca e supera o seu maior número de transplantes nun ano
O hospital da Coruña realizou 261 transplantes en 2018, a maior cifra da súa historia, e mantense entre os centros do Estado con mellores números. Desde o primeiro, en 1981, supera xa os 6.000.
As tendas de Ourense pechan as portas para alertar da crise do comercio local
Os establecementos da cidade e das vilas da provincia pararon e apagaron as luces na tarde deste mércores para advertir dunha situación da que culpan aos impostos locais "excesivos", á suba da cota dos autónomos ou á desregularización das rebaixas.
O conflito sanitario non cesa e a folga xeral na Atención Primaria xa é "o horizonte máis próximo"
A Coordinadora Galega prevé convocala nas vindeiras semanas mentres as protestas se lle acumulan ao Sergas: o persoal dos PAC mantén o paro tras rexeitar a proposta da Consellería e as ambulancias continúan co conflito tras non chegar a un acordo coa patronal.
O desleixo coa liña Ferrol-Ribadeo: seis trens cancelados cada día do verán
Fomento recoñece que se suprimiron 738 servizos entre xuño e setembro no trazado do norte galego, onde houbo tamén 141 incidencias.
Illas de San Pedro: o espazo "salvaxe e virxe que lle queda á Coruña” agarda pola protección definitiva
A Xunta esixe ao Concello que lle remita en castelán o Plan de Conservación deste arquipélago da costa coruñesa para poder continuar co trámite para protexelo, aínda provisional e que decae no mes de xuño. O espazo ten un importante valor xeolóxico e medioambiental