A denuncia de veto a un mozo negro nun pub volve pór o foco no racismo en locais de lecer
O pai dun rapaz africano denuncia que un coñecido local de ocio coruñés prohibiu a entrada a seu fillo alegando "novas normas" mentres os seus amigos, todos brancos, si podían acceder. A policía investiga xa o caso por un posible caso de discriminación racial, que a empresa nega.
O 8M feminista fai agromar na aldea de Loureiro a primeira manifestación da súa historia
Esta pequena localidade de Nogueira de Ramuín acolleu o pasado venres unha marcha pioneira pola igualdade onde se xuntaron persoas de entre 14 e 90 anos e rematou na única taberna do lugar: "As mulleres do rural tamén poden ir ao bar”. Falamos cunha das impulsoras.
"O cambio social xa é obvio, agora é a política a que debe contar co feminismo"
Tres activistas feministas, parte do movemento Galegas 8M, fan balance da histórica xornada do pasado venres, que aseguran que "desbordou as previsións" e suporá "un punto de inflexión". "Demostrouse que non é algo puntual, a nosa mensaxe callou", din.
A xustiza condena o Consorcio de Igualdade por negar a conciliación a unha muller para coidar un fillo enfermo
Un xulgado de Ourense ordena que os días dos que dispuxo a nai para atender o pequeno “sexan considerados como de permiso para o cumprimento de deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral” logo de que a entidade da Xunta non llos concedese
"Os cartos son benvidos e a Xunta véndeo ben, pero os fondos para equipar centros de saúde eran case nulos"
Os xefes de servizo da área de Vigo volveron abandonar a reunión co Sergas ao non aceptar os directivos da xerencia como interlocutores. Falamos cun deles sobre o anuncio do novo plan de necesidades para Atención Primaria e sobre o modelo impulsado pola Consellería.
- Entrevista Memoria antifranquista
- Política Santiago
"O relato do pasado que fai a xuíza na sentenza das estatuas do Pórtico é monstruoso, ata negacionista"
Os investigadores Antonio Míguez Macho e Lourenzo Fernández Prieto, que debullaron os vínculos da maxistrada co franquismo, analizan o texto dun ditame ao que atribúen "erros grosos". "A maxistrada ten un prexuízo sobre o pasado, unha consideración definida sobre el", din.
A Xunta recortou durante seis anos os fondos para equipar centros de saúde que agora di que vai triplicar
O conselleiro de Sanidade anuncia que triplicará os fondos do plan de necesidades para os ambulatorios tras un descenso de até case o 100% entre 2011 e 2017. O goberno bipartito investiu máis nesta partida en catro anos que o Executivo do PP nos últimos dez
Investigadores detallan vínculos co franquismo da xuíza que nega o espolio das estatuas do Mestre Mateo
Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Míguez Macho explican a "relación familiar coas altas xerarquías do réxime franquista e co propio xeneral Franco” da maxistrada que emitiu a sentenza que outorga aos netos do ditador a propiedade das esculturas do Pórtico da Gloria
Galicia crea 5.000 empregos en febreiro tras destruír case o triplo en xaneiro
O paro rexistrado descende en 1.091 persoas e o número de afiliacións á Seguridade Social aumenta en 4.940
O director da CRTVG acusa de "técnicas manipuladoras" a quen critica a manipulación nos venres negros
Sánchez Izquierdo acusa de "manipular" a quen denuncia o control informativo nos medios públicos e advirte da "infinidade de 'bulos' e 'fakes' utilizados por determinadas plataformas políticas e sindicais", en referencia ás protestas do persoal que cumpren 41 semanas
Pemex deixa Barreras e solta lastre en Galicia tras sete anos e só dous floteis
A petroleira mexicana opta por abandonar o capital do estaleiro vigués, que controla desde que a Xunta impulsara a "alianza estratéxica" que prometía a construción de buques tanque, atuneiros, quimiqueiros ou remolcadores e unha base loxística en Punta Lagosteira. Nada diso chegou.
A urxencia de atopar médicos leva o Sergas a lanzar unha campaña para recrutalos en Portugal
Sanidade publica ofertas do novo contrato para eventuais en diarios lusos para atraer facultativos de familia e pediatras ante a escaseza deses especialistas en Galicia. O país veciño teme unha fuga de profesionais sanitarios novos ante a importante diferenza salarial.