As promesas da Xunta aos colexios médicos non deteñen o conflito sanitario e Primaria mantén a folga
Feijóo presume dun "pacto" que os interlocutores reducen a unha "acta" con "compromisos" e que a Coordinadora Galega de Atención Primaria cre un intento por "dividir". O Sergas ofrece 60 médicos máis, melloras no contrato dos substitutos e un comité de expertos para impulsar melloras
A folga das ambulancias suspéndese tras aprobar o persoal un preacordo que sobe o salario un 22%
Traballadores do transporte sanitario ratifican en asembleas, co 80% dos votos, o documento económico, pero advirten de que a protesta reactivarase de haber "novos bloqueos" e que o conflito non quedará pechado ata que se asine "definitivamente" o novo convenio.
- Datos
- Acontece
O 70% do padrón de poboación galega no exterior non naceu en Galicia
O número de persoas administrativamente galegas e residentes no estranxeiro aumentou un 0,6% en 2018, até alcanzar as case 520.000, malia descender o das emigrantes nacidas en Galicia, que se sitúa nunhas 152.000. En total, máis do 17% da cidadanía nativa do país reside fóra del
As sentenzas contra o urbanismo coruñés das últimas décadas supoñen xa máis de 40 millóns ao Concello
Diversos ditames xudiciais emendan licenzas do edificio Fenosa, dunha gasolineira ou dun inmoble en San Roque, a recualificación de Someso ou valoración de expropiacións. Só entre 2015 e 2017, o Consistorio pagou 7,2 millóns en indemnizacións por malas prácticas urbanísticas de anteriores gobernos.
O Goberno central activa o plan da industria electrointensiva co que busca salvar a fábrica de Alcoa
O proxecto do estatuto para os grandes consumidores prevé unha exención do 100% nos pagamentos por capacidade e por interrompibilidade, un aforro duns 40 e 23 millóns respectivamente, e outras medidas que suporían axudas duns 140 millóns neste sector.
A viraxe do Estado sobre ENCE desmonta a prórroga de Rajoy e abre a porta a que marche da ría
Aclara que a prolongación da concesión é excesiva e non axustada a dereito e que o Executivo do PP non xustificou por que ENCE non pode mudarse a outro lugar. Feijóo carga con dureza contra o Goberno central e contra unha posible marcha da pasteira tras defender o traslado durante anos.
O Estado cambia o criterio e deixa de defender a prórroga de ENCE ante a Xustiza
Desmárcase da decisión de Rajoy e renuncia a opoñerse aos procedementos xudiciais do Concello, a APDR e Greenpeace. A Avogacía do Estado advirte que a prórroga só é viable de non haber outra ubicación para a fábrica e que os 60 anos máis "non son conformes a dereito". A empresa advirte das consecuencias no emprego.
A TVG desbota "mellorar" a retransmisión dos premios María Casares e non os emitirá
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia desbota a emisión da gala ao non recibir resposta por parte da CRTVG ás súas peticións de mellorar as condicións de retransmisión e situala "nun horario razoable" pola canle principal.
A folga xeral na Atención Primaria galega xa ten data: do 9 ao 11 de abril
A Coordinadora Galega propón a convocatoria do paro e asegura que "vai adiante", aínda que espera o apoio dos principais sindicatos. Insiste na demanda de máis orzamento e persoal, contratos estables e dignos, negociación do conflito dos PAC e unha xerencia propia.
O Playa Club nega vetos por motivos racistas e di que denunciará a quen o insinuou
O coñecido local de ocio coruñés di que non discriminou a ninguén pola cor da súa pel, unha dúbida que manifestou o pai dun mozo de orixe africana tras serlle impedida a entrada a seu fillo.
A Coruña terá que pagar 14,5 millóns tras outra sentenza contra o urbanismo da etapa de Paco Vázquez
O Supremo rexeita o recurso do Concello por diferenzas na valoración de 134 parcelas da contorna do Castro de Elviña hai case vinte anos. A administración local pagara daquela á veciñanza afectada 12 euros por metro cadrado e o tribunal eleva a 50 o valor dos terreos.
Sanidade admite que os fondos para equipar centros de saúde "non existiron" durante anos
O conselleiro Vázquez Almuíña admite que, "debido á crise", a partida do plan de necesidades para os ambulatorios foi case nula e destaca que agora se vai triplicar, logo que fose recortada durante seis anos pola Xunta.