O primeiro trimestre co novo salario mínimo remata con 19.500 empregos máis que hai un ano
O paro descendeu no mes de marzo en Galicia en 2.868 persoas con respecto ao mes anterior, quedando a cifra total en 170.841 tras baixar en máis de 14.000 en doce meses. No mesmo mes asináronse de 75.000 contratos, dez por cada novo emprego creado.
Marina Castaño nega malversación na Fundación Cela e alega que quixo deixarlla "saneada" á Xunta
A viúva do escritor, o ex-conselleiro Dositeo Rodríguez, a súa filla e o ex-director da entidade enfróntanse ao xuízo acusados de simular o despedimento deste último e pagarlle 150.000 euros. O que fora membro do Goberno de Fraga lembra que a Xunta avalou aquela operación.
A mobilización sanitaria na Mariña non cesa: "Nin nos rendemos nin nos resignamos"
Unhas dúas mil persoas secundan en Burela unha nova mobilización na defensa da sanidade pública, coa derrogación da reforma sanitaria entre os principais puntos da reivindicación. "Esiximos recursos humanos e materiais, que a ampliación de edificios veña acompañada da ampliación real de servizos", sinalan dende a plataforma convocante
‘SuperDépor, te quiero igual’: a fazaña deportivista xa ten o seu filme
O programa Informe Robinson estrea un documental que repasa a epopea do equipo galego nos catro anos (1991-95) desde que regresa á elite tras case dúas décadas ata que acada o seu primeiro título. Na emotiva reportaxe emerxe como ningunha a figura de Arsenio Iglesias.
Médicos e sociedades científicas negan o "acordo" para a Atención Primaria do que presume Feijóo
O presidente do Consello Galego de Colexios Médicos insiste en que o documento asinado co Sergas "non pechou nada" e nega un pacto, “sobre todo se isto se entende como un aval dunhas políticas, que non o é". O presidente da Xunta dubida tamén dunha folga que será oficial o venres.
A faísca dun cable de alta tensión, principal hipótese da orixe do incendio de Dodro e Rianxo
"Respiramos e xa se ve o día", explica o alcalde de Rianxo na mañá en que xa foi desactivada a alerta de nivel 2 á que obrigara a proximidade das lapas ás casas. Os incendios divulgados pola Xunta dende a fin de semana suman unhas 1.300 hectáreas, pero as palabras do propio Feijóo ratifican que Medio Rural continúa sen ofrecer información de todos os incendios
O influxo do cambio climático en Galicia aumenta as alertas pola virulencia dos novos incendios
Informes de expertos de Portugal, de Meteogalicia ou do Eixo Atlántico levan tempo reclamando cambios na política contra o lume en Galicia polo impacto do quecemento global e a perigosidade dos novos focos. A Aemet confirma a grave afectación das alteracións climáticas.
As eivas e falta de medios constantes na sanidade pública da Mariña volven sacar a xente á rúa
Unha manifestación en Burela o vindeiro xoves 28 volverá denunciar a escaseza de profesionais, as importantes demoras, as constantes derivacións ou a ausencia de pediatras, logopedas ou fisioterapeutas nunha comarca especialmente afectada pola deterioración sanitaria.
Un novo título de Liga consolida o CRAT da Coruña na elite do rugby e do deporte feminino
O equipo universitario logra o seu segundo campionato ligueiro en catro anos, ao que hai que unir catro subcampionatos máis na última década.
Casado ofrece a Feijóo ser "o que queira, cando queira e como queira" no seu goberno se é presidente
O líder do PP gaba o presidente da Xunta, ao que ofrece un posto nun hipotético Executivo central durante un acto en Vigo no que cualifica a Pedro Sánchez como "o presidente máis radical" da historia da democracia en España.
- Entrevista | Mabel Rivera #DefendeAGalega
- Cultura
"A desconsideración da TVG cara ao teatro é absoluto; ou é incultura ou é censura"
A vicepresidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia critica a CRTVG polo tratamento á cultura logo de denunciar que non quixo negociar unha "mellora" nas condicións para retransmitir a gala dos María Casares, que finalmente non se puido ver na televisión pública.
A UE nega ás vítimas do Alvia a documentación sobre o procedemento de infracción aberto a España
A Comisión alega que desvelar os documentos sobre o proceso por incumprimento da seguridade ferroviaria "afectaría ao clima de confianza" co Estado e non ve “ningún interese público superior" en facilitalos. A plataforma recorreu xa a decisión.