A falta de camas e a escaseza de persoal obriga a suspender cirurxías no Sergas
Sanidade estableceu un plan para paliar o déficit de eventuais na área de Vigo co que denega permisos e ofrece dobrar quenda e prolongar xornadas. A Xunta culpa do aprazamento de operacións a este déficit de profesionais pero fontes do persoal sinalan o peche de plantas.
Os parques de bombeiros provinciais da Coruña serán tamén de xestión pública desde 2020
Deputación e Xunta acordan que os dez parques comarcais sexan xestionados de maneira directa, o que suporá un aforro de máis de medio millón de euros, logo de que se chegase ao mesmo acordo en Lugo.
O Sergas perde en tres días a confianza do persoal de Atención Primaria, que xa pensa nunha folga en maio
A CIG di estar "arrepentida" de desconvocar os paros, médicos precarios cren un "erro" non levalos a cabo e profesionais da área de Vigo, "indignados", acordan convocalos en maio. Feijóo, Almuíña e o PP tardaron horas en minguar e desacreditar o pacto cos sindicatos.
O influxo da relixión cae en Galicia cunha das menores porcentaxes do Estado de vodas pola Igrexa
O 81% dos matrimonios que se celebraron en Galicia en 2018 foron civís; hai vinte anos, a proporción era practicamente a inversa.
- Entrevista | Xosé María Dios Pola sanidade pública
- Acontece
"Feijóo ten que vivir nunha burbulla para dicir que non hai un conflito sanitario"
Un dos membros do comité de folga na Atención Primaria e da Coordinadora Galega de Atención Primaria insiste en que a desconvocatoria do paro non supón aval ningún ás políticas sanitarias dunha Xunta da que agora esperan decisións. "Non nos fiamos do Sergas porque é experto en incumprir acordos", di.
A Atención Primaria advirte que desconvocar a folga non pecha o conflito: “Só é un principio"
Feijóo volve negar que haxa conflito na sanidade pero asume que a Xunta errou na "planificación" do persoal nos centros de saúde. Profesionais e sindicatos avisan ao Sergas que non levar a cabo o paro non implica que non se poida convocar outro de non atenderse as súas demandas.
O Sergas acepta “todo” o esixido para negociar o novo modelo na Atención Primaria, que non irá á folga
Sanidade asume a creación dun consello técnico no que acordará con todos os colectivos implicados no futuro nos centros de saúde. “O novo modelo xa non pode ser o que pretendía a Xunta", di o comité de folga, que desconvocou o paro previsto desde este martes.
Os problemas da Xunta para cubrir baixas de enfermaría durante as oposicións constatan a escaseza de persoal fixo
O vindeiro 12 de maio celébrase en Silleda o concurso oposición de enfermaría do Sergas, ao que concorrerán máis de 8.000 persoas. Persoal e organizacións advirten de que Sanidade denega ao persoal fixo de enfermaría días libres ese domingo e ofrece xornadas voluntarias con retribucións de 200 euros por quenda
A CRTVG sanciona outro traballador crítico coa dirección mentres o persoal redobra as protestas
Carlos Jiménez foi multado con nove días de suspensión de emprego e soldo por unha falta grave tras locutar un programa emitido pola TVG e non ter, segundo a CRTVG, concedida a compatibilidade para facelo. O persoal ve no expediente outra "represalia" contra persoal mobilizado.
A Xunta volve gabarse dun "acordo" para Atención Primaria que os colexios médicos negan
Colexios e sociedades de enfermaría si recoñecen un pacto co Sergas, que aceptou a creación dunha Dirección de Enfermaría dentro da Dirección de Atención Primaria de cada área sanitaria.
Galicia xunta nun radio de apenas 60 quilómetros tres das 25 empresas máis contaminantes do Estado
A Axencia Europea do Medio Ambiente sitúa a central térmica de Endesa nas Pontes entre as 20 que máis gases de efecto invernadoiro emiten na UE e a primeira en España. A instalación de Meirama e a refinería da Coruña, a pouca distancia, son tamén das que máis contaminan.
Persoal da CRTVG ve noutro aviso da dirección pola vestimenta o intento de acalar os venres negros
Recursos Humanos lembra aos traballadores unha circular de 2013 sobre a súa indumentaria que impide calquera simboloxía ou mensaxe mesmo "non saíndo en pantalla". Traballadores consideran o recordatorio un intento por impedir que se luzan camisetas de #DefendeAGalega.