O TSXG condena o Sergas a indemnizar un médico con 15.000 euros polos danos sufridos pola sobrecarga laboral
O Superior ordena unha indemnización de 15.000 euros a un pediatra que advertira do exceso de pacientes asignados antes de sufrir problemas de saúde e acusa a Sanidade de "non tomar as medidas tendentes a paliar" o exceso de carga asistencial e de adoptar unha "actitude pasiva".
A Xunta volve abrir expediente á mineira de Touro por un posible delito ao desviar o leito dun rego
Augas de Galicia cualifica as actuación de Explotaciones Gallegas como posible "figura delitiva" por desviar un regato sen autorización. A empresa xa foi multada en tres ocasións en medio ano pola Administración.
O conflito sanitario divídeselle ao Sergas en varias frontes que preparan xa novas folgas
Novos colectivos convocan paros tras deixar a Coordinadora Galega de Atención Primaria, onde entidades propoñen tamén novas mobilizacións tras a "ridícula e escasa" oferta de médicos por parte de Sanidade na última mesa sectorial. Os médicos de centros de saúde de Vigo farán folga o 21 e 22 de maio.
A contratación temporal pola Semana Santa contribúe a baixar o paro en 4.615 persoas
Galicia crea 6.186 empregos no mes de abril, impulsada polo sector servizos, onde o desemprego rexistrado baixa en case 4.000 persoas fronte ao lixeiro descenso na construción, a industria ou a agricultura.
- Entrevista | B. Moyano e C. Jiménez #DefendeAGalega
- Movementos sociais
“Non houbo un só xesto da CRTVG por achegar posturas; igual alguén debería pensar en botarse a un lado”
Os dous profesionais dos medios públicos recolleron o Premio José Couso Liberdade de Prensa en representación de Defende A Galega e lamentan que "mentres se fala do que supostamente pasa en TV3, silénciase que persoal da TVG e da Radio Galega leva un ano de protestas".
A Xunta Electoral ordena retirar carteis de Compostela Aberta, que sinala campañas semellantes do PP
Require a retirada "inmediata" da cartelaría, que considera "publicidade e propaganda electoral con mensaxes claramente partidistas e electoralistas" difundidos fóra da campaña. A formación compostelá alude a accións semellantes do PP e do PSOE que non foron cuestionadas.
Nace Nós, As Mulleres para "apoderar" e "visibilizar" o labor feminino nas cooperativas agroalimentarias
A nova entidade busca o “desenvolvemento efectivo e integral da muller, das súas capacidades, da súa participación e da promoción da igualdade” no movemento cooperativo galego e rachar, tamén alí, o "teito de cristal".
O grupo de En Marea abre unha "reflexión" para a remuda de Villares como voceiro no Parlamento
Podemos activa a operación para desprazar o portavoz pero decide adiala ante o rexeitamento de Anova e EU a facelo antes das eleccións municipais. O voceiro négase a aceptar a orde e dii que só acatará o que diga a dirección do partido instrumental.
O 1º de maio en Galicia reclama "sen máis demora" ao futuro goberno do Estado un "cambio cara á esquerda"
CIG, UXT e Comisións piden ao novo executivo que dea xa un xiro ás políticas económicas e empece derrogando as dúas últimas reformas laborais, e advirten que a maioría progresista do Congreso deixa "sen escusas" o PSOE para non impulsar axiña "unha axenda social".
- Análise Eleccións xerais 28A
- Política
O espazo á esquerda do PSOE perde máis forza que votos por mor da fragmentación
O bloque que inclúe a En Común, En Marea e o BNG cae 40.000 votos e máis de catro puntos respecto ás últimas xerais pero a división lastra moito os seus resultados ante un PSdeG que gaña máis de 175.000 sufraxios.
O PP perde por primeira vez unhas eleccións en Galicia
Os populares caen máis de trece puntos e vense superados polo PSdeG, que suma dez escanos fronte aos 9 dos de Feijóo. En Común e Ciudadanos obteñen cadanseus dous escanos e o BNG dobra resultados pero non consegue representación, ao igual que Vox.
- Entrevista | Pilar Cancela Eleccións xerais 28A
- Política
"Sempre defendín acordar coa esquerda; é difícil pactar nada con quen che pon un cordón sanitario"
A cabeza de lista ao Congreso polo PSOE na provincia da Coruña cre que o vindeiro domingo está en xogo "a involución ou o progreso" e advirte de que "están en cuestión alicerces fundamentais da nosa convivencia que críamos consolidadas".