Galicia volve á elite do fútbol feminino da man do Deportivo
O equipo coruñés golea o Femarguín (1-4) nas Canarias e acada o ascenso á Liga Iberdrola tres anos despois do inicio da súa andaina. O conxunto branquiazul segue o ronsel do histórico Karbo Deportivo, que gañou varios títulos nos anos 80.
- Entrevista | Rafael Cuíña 26M locais e europeas
- Política
"Lalín é un exemplo de liberdade, modernidade e boa xestión; volvemos estar en primeira liña"
O rexedor e candidato lalinense confía en recuncar na alcaldía malia a "campaña sucia e lamentable" que lle atribúe ao PP e logo de que o Concello acabe de cancelar a súa débeda cos bancos. En catro anos deixará a política local e non descarta dar o salto a nivel galego.
A experiencia de atoparse co galego na adolescencia: "É unha mágoa que non nolo aprendesen antes"
200 rapaces e rapazas dun instituto de Oleiros, onde ningún alumno usaba o galego, aceptan o reto de falalo dous días tras asinar un contrato de "compromiso" cunha lingua que lamentan que non teña máis presenza e cuxa precaria situación na mocidade ratifican iniciativas coma esta.
As protestas sanitarias rompen os marcos: máis folgas e máis frontes abertas
O Sergas afronta xa unha folga na Atención Primaria o 19 de xuño e outra nos centros de saúde da área de Vigo a vindeira semana tras a división dos colectivos en conflito. As Asembleas de Áreas Sanitarias nin tan sequera recoñecen o Consello Técnico, onde negocian sindicatos e outras entidades.
- Crónica 26M locais e europeas
- Política A Coruña
Ninguén quere ser pasado na carreira pola alcaldía da Coruña
Ferreiro e a Marea Atlántica sinalan o 26M como unha "elección entre volver ao escurantismo ou seguir avanzando cara ao futuro", mentres o PSOE agárrase ao impulso de Sánchez, o PP eríxese como única alternativa á esquerda e o BNG chama aos descontentos co goberno local.
O TSXG condena o Sergas por "discriminar" unha interina á que non recoñecera como traballado o período de maternidade
O alto tribunal decreta que a Administración debe recoñecer como tempo traballado a efectos administrativos o período durante o cal a muller de baixa por maternidade e nas listas temporais foi chamada para ocupar un posto.
A masiva protesta das enfermeiras eventuais en Silleda ábrelle á Xunta outro conflito na sanidade
A mobilización do persoal tinguiu de negro as oposicións e marca "un antes e un despois" nun colectivo que di ter dado "un golpe na mesa" ante a súa situación de precariedade e que anuncia máis accións para demandarlle ao Sergas "melloras nas condicións de traballo".
O Centro Gallego de Bos Aires albisca unha saída: cede a xestión do hospital pero mantén o patrimonio cultural
A histórica entidade acepta que o grupo BASA xestione o centro hospitalario 30 anos, con opción á compra do edificio, a cambio da cancelación das débedas e de que a emigración manteña no seu poder todo o seu legado histórico. O 21 de maio prevese que se confirme a operación.
O caso das polémicas dietas de goberno en Valga seguirá pola vía contenciosa tras o arquivo penal
A Audiencia de Pontevedra pon fin ao proceso penal aberto polas polémicas comisións de coordinación, pero aclara que as posibles irregularidades, das que advertira a Fiscalía, poden ser resoltas aínda pola vía contencioso-administrativa.
- Crónica 26M locais e europeas
- Política A Coruña
O controvertido inicio de campaña na Coruña: entre curiosos carteis e debates cun boneco
“¿Por qué Mato?”, “¿Mato por Coruña?”, pregúntase a cartelería sen siglas da candidata do PP na cidade, onde os principais aspirantes á alcaldía debateron, en ausencia de Ferreiro, ante un boneco coa súa careta nun acto dunha asociación de empresarios moi crítica coa Marea Atlántica.
A enfermería érguese contra a precariedade no Sergas e tinguirá de negro as oposicións deste domingo
O colectivo Eventuais en Loita, que abrangue as demandas das enfermeiras e enfermeiros en Galicia, chama as máis de 8.000 persoas que se presentarán ás probas en Silleda a vestir de loito en protesta pola súa situación: “Ata aquí chegamos, non podemos máis".
O persoal dos PAC seguirá en folga tras rexeitar a última oferta do Sergas
O 75% dos profesionais que participaron na consulta rexeitou o borrador de acordo da Consellería nunha votación na que participou o 33% dos traballadores, que piden mediación para resolver un conflito que dura 17 meses.