Un novo título de Liga consolida o CRAT da Coruña na elite do rugby e do deporte feminino
O equipo universitario logra o seu segundo campionato ligueiro en catro anos, ao que hai que unir catro subcampionatos máis na última década.
Casado ofrece a Feijóo ser "o que queira, cando queira e como queira" no seu goberno se é presidente
O líder do PP gaba o presidente da Xunta, ao que ofrece un posto nun hipotético Executivo central durante un acto en Vigo no que cualifica a Pedro Sánchez como "o presidente máis radical" da historia da democracia en España.
- Entrevista | Mabel Rivera #DefendeAGalega
- Cultura
"A desconsideración da TVG cara ao teatro é absoluto; ou é incultura ou é censura"
A vicepresidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia critica a CRTVG polo tratamento á cultura logo de denunciar que non quixo negociar unha "mellora" nas condicións para retransmitir a gala dos María Casares, que finalmente non se puido ver na televisión pública.
A UE nega ás vítimas do Alvia a documentación sobre o procedemento de infracción aberto a España
A Comisión alega que desvelar os documentos sobre o proceso por incumprimento da seguridade ferroviaria "afectaría ao clima de confianza" co Estado e non ve “ningún interese público superior" en facilitalos. A plataforma recorreu xa a decisión.
As promesas da Xunta aos colexios médicos non deteñen o conflito sanitario e Primaria mantén a folga
Feijóo presume dun "pacto" que os interlocutores reducen a unha "acta" con "compromisos" e que a Coordinadora Galega de Atención Primaria cre un intento por "dividir". O Sergas ofrece 60 médicos máis, melloras no contrato dos substitutos e un comité de expertos para impulsar melloras
A folga das ambulancias suspéndese tras aprobar o persoal un preacordo que sobe o salario un 22%
Traballadores do transporte sanitario ratifican en asembleas, co 80% dos votos, o documento económico, pero advirten de que a protesta reactivarase de haber "novos bloqueos" e que o conflito non quedará pechado ata que se asine "definitivamente" o novo convenio.
- Datos
- Acontece
O 70% do padrón de poboación galega no exterior non naceu en Galicia
O número de persoas administrativamente galegas e residentes no estranxeiro aumentou un 0,6% en 2018, até alcanzar as case 520.000, malia descender o das emigrantes nacidas en Galicia, que se sitúa nunhas 152.000. En total, máis do 17% da cidadanía nativa do país reside fóra del
As sentenzas contra o urbanismo coruñés das últimas décadas supoñen xa máis de 40 millóns ao Concello
Diversos ditames xudiciais emendan licenzas do edificio Fenosa, dunha gasolineira ou dun inmoble en San Roque, a recualificación de Someso ou valoración de expropiacións. Só entre 2015 e 2017, o Consistorio pagou 7,2 millóns en indemnizacións por malas prácticas urbanísticas de anteriores gobernos.
O Goberno central activa o plan da industria electrointensiva co que busca salvar a fábrica de Alcoa
O proxecto do estatuto para os grandes consumidores prevé unha exención do 100% nos pagamentos por capacidade e por interrompibilidade, un aforro duns 40 e 23 millóns respectivamente, e outras medidas que suporían axudas duns 140 millóns neste sector.
A viraxe do Estado sobre ENCE desmonta a prórroga de Rajoy e abre a porta a que marche da ría
Aclara que a prolongación da concesión é excesiva e non axustada a dereito e que o Executivo do PP non xustificou por que ENCE non pode mudarse a outro lugar. Feijóo carga con dureza contra o Goberno central e contra unha posible marcha da pasteira tras defender o traslado durante anos.
O Estado cambia o criterio e deixa de defender a prórroga de ENCE ante a Xustiza
Desmárcase da decisión de Rajoy e renuncia a opoñerse aos procedementos xudiciais do Concello, a APDR e Greenpeace. A Avogacía do Estado advirte que a prórroga só é viable de non haber outra ubicación para a fábrica e que os 60 anos máis "non son conformes a dereito". A empresa advirte das consecuencias no emprego.
A TVG desbota "mellorar" a retransmisión dos premios María Casares e non os emitirá
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia desbota a emisión da gala ao non recibir resposta por parte da CRTVG ás súas peticións de mellorar as condicións de retransmisión e situala "nun horario razoable" pola canle principal.