O peche do paridoiro de Verín desencadea tres meses de protestas contra o Sergas
A supresión da atención aos partos provoca a convocatoria de varias mobilizacións, incluíndo unha gran marcha en febreiro "contra o desmantelamento dos hospitais comarcais, a deterioración da Atención Primaria e a precariedade laboral".
Feijóo desdeña as críticas do Consello de Europa á política lingüística da Xunta: "Alá eles"
O presidente da Xunta presume de que "nunca houbo en Galicia tantos galegos que soubesen escribir e ler galego" e resta importancia ao informe de expertos que advirte da "escasa presenza" do idioma no ensino ou da "limitación" ao seu uso na docencia.
Persoal denuncia a Extel ante Inspección por requirir a identidade dos médicos que evitan dar baixas
A CGT require "o cesamento neste tipo de prácticas abusivas e intimidatorias" e denuncia que a empresa reclama aos traballadores os nomes e apelidos dos doutores que optan por dar un parte de repouso en lugar da baixa. A firma executou xa catro despedimentos por ausencia médica ao abeiro do aval do Constitucional.
A loita da enfermería eventual do Sergas chega ao Parlamento Europeo
O colectivo Eventuais en Loita denuncia da man do BNG ante a Comisión de Peticións da Eurocámara a situación de precariedade do sector.
Parto de urxencia en Verín tras o peche do paridoiro
O médico especialista impediu o traslado dunha nai cun parto moi avanzado a Ourense, tal e como ordena o Sergas, e puxo en coñecemento do xuíz de garda a situación ante a ausencia dun pediatra que tivo que vir desde o CHUO.
O Consello de Europa volve cargar contra a política lingüística da Xunta por "limitar" a docencia en galego
Un novo informe advirte de que a aplicación da Carta Europea de Linguas Rexionais "non mellorou significativamente" e que a presenza do idioma no ensino "non é suficiente" e pide que se "eliminen as limitacións á docencia" na lingua propia.
Feijóo inaugura na Coruña unha pasarela a un centro comercial con máis dun ano de atraso na obra
O presidente da Xunta acode á inauguración dunha ponte peonil que une o polígono industrial da Agrela coa área de comercio e que abre 14 meses máis tarde do previsto. "É unha escultura excepcional", asegura.
A Fiscalía quere que as responsabilidades da Xunta polo caso da Hepatite C sexan dirimidas nun xuízo
O Ministerio Público coincide co recurso dos afectados ao arquivo da causa e considera que hai indicios dabondo para a apertura da fase oral, ademais de poñer en cuestións varias cuestións técnicas do auto do xuíz instrutor.
As Pontes presiona a Endesa para que manteña a actividade da térmica uns anos ata que deixe o carbón
A compañía comprométese a "reavaliar" os informes sobre a viabilidade da queima de biocombustibles que avala o Estado tras rexeitar que lle fose rendible. As administracións buscan "gañar tempo" na procura dunha alternativa económica e de emprego.
A folga contra os despidos "por enfermar" baleiran o centro de traballo de Extel
O seguimento do paro é do 95% e o persoal mobilizouse nun ambiente "crispado e de indignación" contra a empresa tras botar catro persoas aproveitando o aval do Constitucional aos despidos por baixas xustificadas.
Á espera de grandes ondas para poder desencallar o 'Blue Star' da costa de Ares
A empresa SMIT intenterá o refrote do buque entre o 11 e o 16, "no momento no que se dea unha combinación axeitada de marea alta e empeoramento do mar", logo de vinte días co barco encallado
Fiscalía e afectados recorren o arquivo da causa sobre a hepatite C: "Estamos na instrución e hai indicios dabondo"
O Ministerio Fiscal e a plataforma entenden que o xuíz pechou a causa malia haber "indicios suficientes" de posibles delitos, que é o que se busca na fase de instrución, e tras cometer "erros técnicos" no auto.