Alumnado do ensino público segue a pagar por libros de texto catro anos despois de que a Xunta retomase os préstamos
A Xunta destina 12,1 millóns de euros neste curso para vales de material e axudas e compras de libros de texto, que chegan a 7 de cada 10 escolares. Anpas Galegas e Confapa censuran un modelo "con moitas carencias".
O curso comeza en Infantil con case 5.000 alumnos e cen escolas menos que hai dez anos
Un total de 59.519 nenos e nenas de 3 a 6 anos inician este mércores as clases, case os mesmos que o ano pasado pero 4.828 menos que hai unha década.
A incerteza arredor de R: entre a “deslocalización” e a “reorganización”
Mentres persoal e sindicatos acusan a empresa de prescindir de subcontratas galegas e levar o traballo fóra do país, a compañía recoñece algún cambio de provedor pero advirte de novas oportunidades para firmas galegas
Varios concellos constatan celebracións irregulares de vodas en pazos e comezan a tentar frealas
Bergondo prohibiu casamentos en tres pazos; Cambre, Culleredo e Neda precintaron varios; e tres concellos lucenses xa foron advertidos. Algunhas empresas obvian os vetos e mesmo os precintos da policía local.
Persoal da CRTVG advirte de máis "deterioración" e da "xordeira" da dirección un ano despois da súa histórica manifestación
O comité de empresa e Defende A Galega coinciden en advertir da "deterioración" , o "continuísmo" e o "retroceso na calidade" dos medios publicos aos 12 meses da mobilización en Compostela
Os Franco xa están obrigados a amosar ao público as esculturas do Mestre Mateo
O DOG publica a declaración BIC das estatuas de Abraham e Isaac, que impón aos herdeiros do ditador a obriga de mostralas publicamente un mínimo de catro días ao mes desde este xoves ou expoñelas varios meses durante dous anos
Case 600 empregos menos e 3.000 persoas paradas máis no peor agosto desde 2008 en Galicia
O aumento do paro rexistrado é o maior neste mes desde que chegou a crise. A sinatura de case 94.000 contratos non impide que descenda tamén a ocupación.
- Reportaxe
- Movementos sociais
O centro galego máis antigo do mundo fai 140 anos en Montevideo
O decano do asociacionismo galego na emigración foi fundado o 30 de agosto de 1879 no Uruguai. Falamos con Julio Ríos, o seu presidente, nun repaso pola historia dunha entidade emblemática.
Burela devece pola repetición das eleccións locais tras cumprir xa tres meses sen goberno
O alcalde en funcións agarda que "canto antes" se repitan os comicios nunha mesa, tal e como ordenou o TSXG, para conformar de vez a corporación e rematar cunha transitoriedade que "condiciona" o traballo municipal e impediu modificar taxas ou o regulamento de terrazas
A mobilización forza a Xunta a ditar a caducidade da concesión na canteira da Casalonga
O Executivo abre expediente para a caducidade das actividades de Toysal tras a demanda da plataforma veciñal, que avisa que é unha "noticia positiva" pero que "a batalla non está gañada".
O verán destapa moreas de pazos que celebran vodas de maneira irregular e sen licenza en Galicia
A asociación Ascega e fontes do sector aseguran que máis do 50% dos casamentos realízanse en lugares sen o permiso requirido logo de que varios concellos vetasen inmobles e advirten das consecuencias para as parellas de haber algún problema. Empresas de cátering rompen precintos da policía local para seguir organizando banquetes malia as multas.
A Xunta abre expediente para investigar se os Franco incumpren coas visitas a Meirás
A Consellería de Cultura inicia dilixencias informativas para comprobar se os herdeiros do ditador volven incumprir coa apertura do Pazo aos visititantes á que están obrigados pola condición BIC do inmoble