A planta de residuos na Casalonga segue a superar trámites na Xunta malia a protesta da veciñanza
O Goberno galego dá o visto e prace ao plan de labores previo á restauración, alternativa ao vertedoiro inicial, que prevé acumular refugallos na antiga canteira de Teo xunto a varios núcleos de poboación. A plataforma veciñal pide unha mudanza lexislativa que impida o proxecto.
Os eternos atrancos dos Franco para visitar o Pazo de Meirás
O Concello de Sada remite á Xunta as "numerosas" queixas recibidas polas dificultades para acudir ao inmoble e pídelle que estea "vixilante" e tome as "medias oportunas" contra a familia do ditador, que xa foi multada o ano pasado por incumprir o réxime de visitas establecido.
O Concello da Coruña renuncia a remunicipalizar as bibliotecas
O novo goberno local desbota a xestión directa de cinco centros, como tiña previsto o anterior executivo, para "cumprir coa legalidade" e "garantir" o emprego. A Marea Atlántica acusa o PSOE de "falta de valentía política" e de "renunciar a defender o público".
- Vídeos Pola sanidade pública
- Acontece
Testemuños de enfermeiras poñen cifras á precariedade: "11 anos, 557 contratos e 5 e medio cotizados"
O colectivo Eventuais en Loita difunde vídeos onde o persoal relata a súa precaria situación laboral, con centos de contratacións en poucos anos e escasa cotización, no que considera "o legado do Sergas". "Isto non pode seguir así, estamos fartas", coinciden.
Cen anos da asemblea nacionalista que instaurou o "Día de Galicia"
No vindeiro outono celébrase o centenario do cónclave das Irmandades, en 1919, onde ademais de elixir o 25 de xullo como xornada de reivindicación nacional afondouse nun programa de "cumprimento urxente" con diferentes demandas culturais, educativas ou económicas
Casa Cornide, do uso e "vocación pública e cultural" ao inmoble pechado dos Franco
O informe encargado polo anterior goberno da Coruña á Academia de Belas Artes certifica o labor histórico da edificación como sede institucional e de cultura ata que o ditador decidiu facerse con ela. Foi escola, casa consistorial e candidata a conservatorio e biblioteca.
- Documento Memoria antifranquista
- Política A Coruña
Unha carta do secretario de Franco acredita a artimaña do ditador para quedar coa Casa Cornide da Coruña
O texto da misiva sae á luz e certifica a presunta montaxe do ditador, Barrié de la Maza e as administracións da época para simular unha doazón e ocultar a compra dun ben público. O documento, como no caso do último achado sobre Meirás, torna en clave para a recuperación do inmoble.
- Obituario Memoria antifranquista
- Movementos sociais
Adeus a Chelo Rodríguez, a última guerrilleira antifranquista galega
Faleceu o pasado 18 de xullo na illa de Ré, en Francia, logo de 70 anos exiliada tras loitar na guerra e na posguerra xunto á guerrilla contra o fascismo, que asasinou a seus pais, catro irmáns e a súa parella, o compañeiro Arcadio Ríos.
"O bipartidismo acabou e hai que chegar a acordos, en Madrid deberían aprender do feito na Coruña"
A rexedora coruñesa di asistir "impávida" ás dificultades nas negociacións entre PSOE e Podemos para pactar a investidura de Pedro Sánchez. Recomenda "saír á rúa e escoitar a xente" e advirte de que o electorado non entedería ir a unhas novas eleccións e castigaría a esquerda.
Mazaricos, primeiro concello que se ergue contra a Xunta por non compensar dabondo o impacto dos eólicos
Advirte nunha reclamación que só recibe uns 200.000 euros dos 700.000 que o canon eólico recada na localidade, acusa a Presidencia de non xustificar a retirada de fondos aos municipios e reclama que o 100% do tributo repercuta nas localidades afectadas polos aeroxeradores
A chuvia cae cada vez menos en Galicia, que afronta unha paisaxe mediterránea en 2050
O Observatorio de la Sostenibilidad advirte da "forte diminución" das precipitacións no país nos últimos 40 anos e destaca a drástica redución en Vigo. Nas provincias de Lugo e Ourense choverá en 2050 menos da metade do que agora e a vexetación asemellarase ao do sueste peninsular.
O persoal dos PAC, tras a fin da folga: "Queda sensación agridoce porque queda a desconfianza co Sergas"
Falamos con Ana Boedo, portavoz do comité de folga, tras sete meses de paro e ano e medio de conflito. Pide aos políticos que, de querer paliar as deficiencias no Sergas, “tomen decisións sabendo que igual non son entendidas por todo o mundo que os vota”.