Nove meses de cárcere para o home detido tras a vaga de lume de 2017 por queimar unha hectárea
O tribunal condénao por un delito de incendio forestal por imprudencia grave e aclara que non se pode esclarecer se prendeu lume por asar un chourizo, pero que todo apunta a que queimaba maleza. O condenado pasara cinco semanas en prisión incondicional.
A perda de case 8.000 empregos no primeiro trimestre empaña a suba de 30.100 nun ano
O número de persoas ocupadas en Galicia cae en 7.900 nos tres primeiros meses do ano, especialmente no sector servizos e entre os homes, segundo os datos da EPA.
A "precariedade" farta o persoal das fundacións de investigación sanitaria, que esixe xa un convenio galego
Tan só entre o 10 e 15% das 440 persoas que traballan nestas institucións de ámbito hospitalario teñen contrato indefinido. Denuncian nula estabilidade, contratacións en fraude de lei, salarios baixos ou falta de carreira investigadora
Os PAC votarán a última proposta do Sergas para mellorar o servizo, sen marxe para negociar máis
A folga, que supera os tres meses, e a mobilización continuada do persoal logra que a maioría das demandas sexan aceptadas por Sanidade, que non cede na imposición de horas extras.
- Entrevista | Carme da Silva Eleccións xerais 28A
- Política Pontevedra
"Nunca notei este entusiasmo; a xente ve unha necesidade que o BNG volva ao Congreso"
A cabeza de lista do Bloque por Pontevedra cre que "o pobo galego precisa esperanza", amósase confiada en que os comicios do vindeiro domingo devolvan a formación nacionalista ás Cortes e critica o "turismo electoral" de quen "vén prometer o que non fixo antes".
Os programas do 28A para a industria: das propostas para Alcoa ou ENCE ás receitas globais
En Común-Unidas Podemos, BNG e En Marea avogan por achegas específicas para a "desindustrialización" en Galicia fronte ás proposicións máis xerais doutros partidos
Día 10 | Fartura de enquisas e prognósticos
Numerosos medios publican inquéritos a poucas horas de que sexan vetados: todos coinciden na ampla vitoria do PSOE pero non nas súas posibilidades de gobernar. O BNG cre que "vai rebentar as enquisas" e En Común e En Marea consideran as súas formacións "determinantes".
- Entrevista #DefendeAGalega
- Política
"Debería preocuparnos asumir con naturalidade que ser crítico en Galicia pode supoñer o ostracismo"
Falamos con Defende A Galega, colectivo de traballadores e traballadoras da CRTVG, logo de recibiren o galardón José Couso de Liberdade de Prensa pola súa mobilización. "O silenciamento do premio nos medios públicos é un exemplo claro do que denunciamos", explican.
Día 9 | Entre a sedución do centro e a tentación de vetar partidos nacionalistas
Inés Arrimadas resucita a proposta de impulsar unha reforma electoral que fixe no 3% de votos o limiar para entrar no Congreso, o que deixaría fóra as formacións de ámbito non estatal. Pedro Sánchez apela aos votantes de centro desencantados coa formación laranxa.
A xustiza investiga un alto cargo da Xunta por presunto delito de prevaricación ambiental
O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Tahoces, imputado polas actuacións na polémica reapertura da mina de San Finx, en Lousame, terá que declarar o vindeiro 2 de maio.
A Fiscalía arquiva a denuncia dunha das mortes nas Urxencias do Clínico pero mantén a investigación da outra
Non aprecia delito no falecemento dun dos pacientes o pasado 2 de xaneiro, durante un colapso no servizo, pero mantén a pescuda do outro caso denunciado pola delegada de persoal.
- Obituario Memoria antifranquista
- Movementos sociais
Adeus a Darío Rivas, o galego que impulsou a querela arxentina contra o franquismo
Fillo do alcalde de Castro de Rei asasinado polo fascismo ao pouco de comezar a guerra civil, loitou ata exhumar o seu corpo en 2005 e foi o primeiro asinante do proceso aberto en Bos Aires contra a ditadura. Morreu con case cen anos sen atopar a xustiza que tanto procurou.