Sada e BNG apreman por carta a Sánchez para que active xa a demanda para recuperar Meirás
Benito Portela, rexedor sadense, e Ana Pontón, voceira nacionalista, piden ao presidente do Goberno central o "exercicio inmediato de accións xudiciais" para "reverter o Pazo de Meirás ao patrimonio público"
Dentro das protestas de persoal da CRTVG: "Construímos unha Galicia inexistente ao servizo do poder"
Falamos co colectivo Defende A Galega, que impulsa a protesta de profesionais dos medios públicos contra a "manipulación": "É un mal endémico pero quizais agora é máis evidente". "As únicas protestas que caben son as que atacan o Goberno central ou os gobernos municipais que non son do PP", din os protagonistas, que denuncian que a dirección só responde con "expedientes e represalias contra quen dá a cara"
Feijóo pide agora que o Estado achegue fondos para o Pasatempo tras anos de desleixo da Xunta
O presidente da Xunta reclama ao Goberno central que "se implique na achega" de cartos para acometer as obras no histórico parque de Betanzos malia que a Xunta aínda espera pola declaración de BIC e tras o compromiso orzamentario de Deputación da Coruña e Concello
O risco de quebra no Centro Gallego de Bos Aires aumenta tras adiarse de novo a súa venda
O interventor da principal entidade da emigración galega apraza a asemblea que debía decidir sobre as ofertas e a nova dirección continúa sen asumir o cargo ao non atoparse solución para a débeda do persoal nin para a salvación do patrimonio histórico e cultural
Lalín volve vencer a Fenosa: o TSXG confirma a anulación da liña de alta tensión en Catasós
O Superior rexeita o recurso presentado pola eléctrica e reafirma a sentenza dun xulgado de Pontevedra de xusto hai dous anos, que anulou a liña de alta tensión prevista sobre a Fraga de Casas Vellas, un espazo de especial valor paisaxístico e medioambiental protexido pola cidadanía
Persoal de Urxencias do Clínico de Santiago pide amparo á xustiza ante un novo "colapso"
A delegada de persoal solicita que se lle requira ao Sergas "que tome medidas inmediatas" para "evitar situacións catastróficas como as acontecidas nas datas recentes", e denuncia que ata 19 pacientes se acumularon este luns nos corredores agardando a seren atendidos
“É imposible negociar cunha Xunta negacionista que nin recoñece os problemas da sanidade”
SOS Sanidade Pública advirte dun novo éxito mobilizador contra a deterioración do sistema sanitario que "amosa claramente o malestar dos profesionais e da cidadanía". O seu portavoz, Manuel Martín, é pesimista respecto da posibilidade de que o Goberno galego tome nota
O Goberno central indulta a Carlos e Serafín oito anos despois de seren condenados
O BOE publica que o Consello de Ministros aprobou o indulto que fora denegado polo Executivo de Rajoy para evitar o ingreso na cadea dos dous sindicalistas galegos, condenados a tres anos en 2011 tras a súa participación nun piquete informativo nunha folga de transnporte en 2011
Clamor masivo pola sanidade pública: "Co lío que hai aquí e Feijóo está en Madrid"
Milleiros de persoas ateigan Compostela contra as eivas, os "recortes" e a "privatización" no sistema sanitario nunha marcha que xuntou todas as reivindicacións do sector e na que se aludiu cada pouco á presenza do presidente da Xunta, á mesma hora, na mobilización da dereita e a ultradereita
Conde de Fenosa: A Coruña líbrase da derruba millonaria doutra "desfeita" urbanística da época de Vázquez
O TSXG acepta o acordo para o edificio e evita a execución da sentenza de demolición e un gasto de 60 millóns ao Concello, que iniciará unha investigación para dirimir as responsabilidades doutra polémica operación urbanística con Fenosa, Fadesa e o antigo goberno local do PSOE como protagonistas
A xustiza dá a razón á familia Franco sobre a propiedade das esculturas do Mestre Mateo
O xulgado número 41 de Madrid desestima "integramente" a demanda do Concello de Compostela, que recorrerá unha sentenza na que a maxistrada di que non de demostrou a identidade, a entrega efectiva ou o carácter de ben de dominio público das estatuas.
A mobilización continuada do persoal dos PAC logra que o Sergas comece a ceder
Sanidade recoñece a falta de persoal e a escaseza de medios nos Puntos de Atención Continuada, que suman un ano de protesta e un mes de paro que continuará malia a última proposta da Xunta. Falamos con Ana Boedo, membro do comité de folga, que explica a precaria situación deste colectivo