Alcoa, entre a chantaxe da paralización e as facilidades da reforma laboral para pechar as fábricas
A multinacional ofrece só parar de forma ordenada a electrólise nas plantas e evitar a detención total da actividade, que imposibilitaría calquera venda. A empresa non retira o ERE, facilitado pola reforma laboral de Rajoy, que permite aplicalo sen o visto e prace da autoridade laboral.
Sen a empresa e coa axuda do Estado, a única esperanza en Alcoa a unha semana dos despidos
O persoal da alumineira afronta unha xornada clave a sete días de que remate o prazo de negociación de ERE e comecen os despedimentos. Unha mobilización en Madrid pide ao Estado que reaccione e interveña as factorías de non haber opción.
A homenaxe infinita da emigración galega ao "guieiro" Castelao
Cada 7 de xaneiro, desde o cabodano de 1951 e de maneira ininterrompida, a colectividade galega e galeguista de Bos Aires homenaxea o "inmorredoiro" político, escritor e debuxante rianxeiro.
O mantemento do expediente a un traballador crítico coa dirección da CRTVG marca o 33º venres negro
O persoal mobilizado centra outra nova xornada de protesta en amosar a súa "preocupación e indignación" por que a Corporación insista en propoñer sanción a Carlos Jiménez, aínda que rebaixada nas súas posibles consecuencias
Odisea no Sergas: 140 quilómetros e tres horas de viaxe á procura de pediatra para un bebé
Unha familia de Carnota viaxa ata Muros e de aí a Santiago no último día do ano na procura da atención axeitada para un pequeno cun problema respiratorio. O seu relato denuncia a ausencia de especialistas e substitutos, o colapso no centro de saúde ou a carencia de camas nas Urxencias. "É desesperante comprobar as eivas e falta de medios", di.
Os contratos temporais polo Nadal non impiden a destrución de 3.700 empregos en decembro
As afiliacións á Seguridade Social descenden en case 4.000 malia baixar o paro rexistrado en máis de mil persoas.
A oferta dun grupo arxentino achega esperanza á agonía do Centro Gallego de Bos Aires
A empresa sanitaria BASA aposta pola xestión do hospital sen esixir a adquisición do histórico edificio, ao contrario que Ribera Salud, cuxa oferta de hai un ano nunca chegou a oficilizarse. Os impagos ao persoal, a deterioración do inmoble e o risco do patrimonio cultural agudizan a crise dunha institución en risco de quebra.
Milleiros de persoas enchen o centro de Vigo en demanda dunha atención sanitaria "digna"
A marcha, baixo o lema de "Pola dignidade da Atención Primaria" foi convocada polos 25 xefes de servizo que dimitiron hai unhas semanas. Case 40.000 persoas reclamaron solucións para as eivas asistencias que presenta a área sanitaria viguesa
Persoal de Urxencias do Clínico ve "inexplicables" as críticas dos xefes á súa folga, co 100% de servizos mínimos
Os profesionais amosan o seu malestar coas críticas dos xefes de servizo, que chegaron a cualificar de "traumáticos" os efectos dunha protesta que se limita a concentracións e que ten o apoio de todos os sindicatos
A factura definitiva do Prestige: o Supremo cifra en máis de 1.500 millóns as indemnizacións
A compensación fixada polo alto tribunal repartirase entre o Estado español, o francés, a Xunta e outros 269 afectados. A sentenza corrixe algo o ditame da Audiencia da Coruña e retira uns 750.000 euros á Administración galega
Persoal galego e asturiano de Alcoa únese para urxir solucións ao Goberno central
Traballadores das plantas en Galicia e Asturias conflúen nunha marcha e reclaman á multinacional que amplíe o período de consultas do ERE e ao Executivo que actúe xa. "Non imos permitir que se deixe caer isto como se está a deixar caer"
Milleiros de nenas e nenos xa medran en galego con Apego
A iniciativa impulsada pola CTNL e once concellos chega xa a 30 municipios e miles de familias, 400 delas en Santiago