Estudantes das universidades galegas únense á celebración de referendos sobre a monarquía
Os campus de Santiago, A Coruña, Vigo e Ourense organizan consultas sobre o modelo de Estado tras unirse ao movemento que abrangue xa máis de vinte universidades e que pretende "axitar o debate" sobre a república e ser "o punto de partida" dunha organización máis ampla
A folga na CRTVG mantén un masivo seguimento malia os intentos da dirección por desconvocala
Os paros, cun seguimento do 80%, volveron alterar a programación habitual nos medios públicos. A Corporación ofreceu ao comité abrir mesas de negociación se antes desconvocaba os paro nunhas conversas que finalizaron sen acordo.
Alcoa 'planta' a persoal e administracións noutra mesa de negociación sen avances
O Concello da Coruña pide ao Estado "medidas cautelares", mesmo o día seguinte de que acabe o prazo de negociación do ERE, "para que a empresa manteña a súa actividade ata que apareza un novo comprador". Todas as partes critican a "nula vontade negociadora" da multinacional.
A reforma educativa abre a porta a máis galego no ensino e menos privilexios á segregación por sexo
O anteproxecto de reforma da Lomce impulsado polo Goberno central recupera competencias en lingua para as autonomías, prioriza a coeducación, elimina as reválidas e deixa Relixión fóra da nota media.
Inspección de Traballo ratifica as "graves" irregularidades laborais en Proxecto Home
Un informe da autoridade laboral certifica as denuncias do persoal e de CCOO contra a entidade, á que culparon de "explotación e persecución". Acúsaa de incumprir o convenio, permitir horas extras de máis, non pagar todo o salario durante a baixa, contratar a dedo ou atacar a liberdade sindical.
Os Franco non achegan proba ningunha ao xuízo polas estatuas do Pórtico, que será o 1 de febreiro
A familia do ditador basea a súa defensa en que as figuras de Abraham e Mateo son súas polo paso do tempo. A xuíza admite o informe dun catedrático de Arte que demostra que foron adquiridas polo Concello de Santiago en 1948.
As protestas contra a falta de medios no ensino espállanse por Galicia e chegan ao Ortegal
Centos de persoas maniféstanse en Cariño para demandar o aumento do horario do único docente de Audición e Linguaxe que hai no colexio logo de baleiralo en dúas xornadas de folga. A Xunta advirte de que as necesidades especiais "están cubertas co persoal que hai".
"Terra, a nosa!": cen anos do primeiro programa político nacional para Galicia
REPORTAXE | Lugo acolleu hai un século a 'I Asambleia Nazonalista', que reuniu máis de medio cento de ilustres das Irmandades como Castelao, Cabanillas ou Risco nuns actos con entusiastas mitins e fondos debates dos que agromou a base do ideario do nacionalismo galego
Defensa constata o freo do Goberno do PP ás fragatas en Ferrol pero non aclara se o levará á Fiscalía
En Marea denuncia no Congreso a "corrupción do Estado" e o atraso que supuxo "milleiros de despedimentos" nos estaleiros galegos e pide ao Executivo que o leve a Anticorrupción. A ministra Robles detalla o adiamento pero evita aclarar se tomará medidas.
- Gonzalo Caballero esixe "explicacións" a Feijóo e o BNG levará o "atraso deliberado" ao pleno do Parlamento
- A oposición sinala a Feijóo e a Rajoy pola "corrupción institucional"
- O Goberno do PP freou a construción de fragatas en Ferrol para adaptalas aos mísiles da empresa de Morenés
Folga na CRTVG: nove días de paros "contra a manipulación e o desmantelamento"
Uns 900 traballadores están chamados aos paros parciais de dúas horas por quenda que dan inicio o día 20 e ao de 24 horas do 19 de decembro para reivindicar o remate da externalización da produción, mellores condicións laborais ou a fin da "política represiva" nos medios públicos
A folga nas Urxencias do CHUS: "Os servizos mínimos evidencian que o persoal é deficitario"
Cunha mobilización do persoal sanitario e a dimisión do coordinador das Urxencias comezou un paro indefinido no Clínico de Santiago para a que a Xunta decretou un 100% de servizos mínimos. "Ninguén pode exercer o seu dereito á folga, pero tamén é o recoñecemento de que se precisan máis traballadores", explica a comisión de centro
A oposición sinala a Feijóo e a Rajoy pola "corrupción institucional" no atraso das fragatas de Ferrol
En Marea, PSdeG e BNG piden responsabilidades ao presidente da Xunta por "mentir" ao aludir a razóns orzamentarias para explicar un freo que se debeu ao interese por favorecer a Morenés. Villares advirte de "consecuencias desastrosas" e Pontón pide que interveña a Fiscalía.