O fiscal arquiva a investigación por coaccións nas votacións da folga da Xustiza
Recoñece que ningún traballador denunciou nin ratificou que se sentise intimidado e que o denunciante non estaba presente no lugar dos feitos, pero critica con dureza unha acción "orquestrada e organizada" que "impedía o normal desenvolvemento dunha votación democrática"
Case 100.000 contratos nun agosto que remata con 1.200 empregos menos en Galicia
Malia as positivas cifras interanuais, os datos do pasado mes constatan unha recuperación feble, lenta, precaria e de alta rotación e temporalidade. O paro rexistrado subiu en 1.012 persoas e o número de cotizantes caeu en 1.158.
"Supoño que as forzas democráticas intentarán recuperar Meirás antes de que os Franco especulen con el"
ENTREVISTA | Benito Portela, alcalde de Sada, demandou dúas veces por carta a Pedro Sánchez que a mudanza lexislativa para poder exhumar a Franco inclúa tamén a devolución das Torres ao patrimonio público. Malia non recibir resposta, confía en que o proxecto de lei inclúa esta demanda.
O Goberno central pretende eliminar o voto rogado antes das eleccións de maio
Pedro Sánchez pide aos grupos políticos suprimilo antes dos comicios locais, autonómicos e europeos do vindeiro ano e comprométese na xira lationamericana a apoiar a mudanza do sistema impulsado por PP e PSOE hai sete anos.
UVI móbiles do 061 circularon durante meses con ata 800 quilos por riba do peso autorizado
Todas as ambulancias inspeccionadas hai un ano no marco dunha investigación xudicial tiñan un peso que "incumpre a normativa" e provoca graves riscos. O Sergas aclara que, "a día de hoxe", os vehículos da rede de transporte urxente "contan cun informe pericial" que "confirma a súa seguridade".
A policía constata numerosas eivas de seguridade nas ambulancias do 061 en Galicia
Unha inspección no marco dunha investigación xudicial certifica que todos os vehículos analizados excedían o peso permitido, algún deles con ata 900 quilos de máis. O informe pericial advirte de fallos que afectan a seguridade vial e "aumentan drasticamente" a "probabilidade de accidentes".
O conflito en Sargadelos enquístase tras o despedimento xa de 20 traballadoras
Logo do fracaso da reunión entre o conselleiro delegado e UGT, a empresa continúa co despido de operarias tras ameazar mesmo co peche da fábrica de Cervo.
Selva García: "Non quería vir; Galicia seguía a provocarme terror"
Filla de Pepín e sobriña de Bebel, France e Jaurés, os 'irmáns da Lejía', acode esta fin de semana ao acto que homenaxeará os seus familiares en Guitiriz e lembra, con detalle, as historias que seu pai lle contou sobre a represión, a guerra civil e o exilio na Arxentina.
Arquivado o caso das dietas de goberno en Valga malia asumir a Fiscalía varias irregularidades
A xuíza decidiu sobreser a investigación aberta contra a maioría do goberno local por presunta malversación de fondos e prevaricación tras a petición da Fiscalía, malia que esta recoñece que nin as reunións nin os pagos por acudir están "debidamente xustificados". O PSOE recorreu xa o arquivo.
O conflito en Sargadelos volve aos xulgados e a Mancomunidade da Mariña pide axuda á Xunta
UGT presentou este martes nos xulgados de Lugo a demanda de tutela de dereitos fundamentais na que pide que se actúe "axiña" paralizando os despedimentos e instando a que cese a "chantaxe e coacción" do conselleiro delegado sobre o cadro de persoal da fábrica de Cervo.
O despedimento de 49 traballadores en Cervo volve situar Sargadelos na incerteza
A empresa culpa a "presión sindical" e as reivindicacións laborais do cesamento da metade do persoal da fábrica da Mariña. UGT cre que a decisión débese á "teima persoal" do conselleiro delegado contra a ex-presidenta do comité e anuncia que pedirá "tutela xudicial e mesmo penal" ante a súa actitude.
A Xunta dá o visto e prace ambiental ao inmenso parque eólico nunha serra virxe da Costa da Morte
O proxecto de Mouriños, na Serra do Gontón, avanza tras acadar a declaración de impacto ambiental positiva do Executivo e malia os reparos pola súa afectación medioambiental, patrimonial e paisaxística. Prevé tres aeroxeradores que poderían alcanzar os 150 metros de altura.